#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 45

Xa se van reducindo os movementos, porén o baile de fichaxes continúa a paso lento. O Palas asinou a Gontá, que chega dende Monterroso e a Pablito que procede do Cire Melide. No Páramo incorporaron a Bryan, procedente da Sarriana. Os afeccionados das Rapadas poderán ver ao seu novo futbolista nun novo amigable de temporada, o venres 25 de agosto ante o Becerreá. Iso sí, será a domicilio. Na Comercial, presentaron varias novidades: Lucas de las Heras, Roa, Víctor, Manu Lodeiro, Pablo Mesa, Pablo Domenech e César. Ademais, Mateo fará a pretemporada co Cospeito. O xogador vén de ascender á Liga Galega xuvenil co Racing Villalbés. O cadro de A Fonte disputará, por certo, os seguintes amigables: Meira (9A), Pastoricense (16A), Riotorto (24A) e un cuadrangular no seu campo (19 ou 20A).

O Lourenzá xa comezou a súa actividade

Por outra banda, un clásico comeza hoxe coa ilusión dun neno pequeno. 20 anos sen vivir unha Primeira Galicia, son o que teñen! O Pontenova inicia a pretemporada cunha soa cara nova, a de Salva. Os de Dani Moirón manteñen o bloque que tantos éxitos lles deu a pasada campaña. Un interesante elenco de xogadores ao que se poderá ver nos seguintes amigables. Na casa medirase a: Rábade (4A) e Meira (23A). Fóra a: Tapia (11A), Lourenzá (13A), Burela (27A) ademais dun cuadrangular en Ribadeo ante Ribadeo, Riotorto e Burela.

Quedamos xa na Mariña, para falar dunha renovación: a de Carlos Cora co Valadouro. Tamén o Lourenzá comezou a preparar un novo curso que contará con seguintes futbolistas que xa estaban o ano pasado: o porteiro Bugui; os defensas Lucas, Bruno, Diego López, Omar, Roi, Carri e Suso Foro; os medios Garrafín, Jorge, Chicho, Noé, Pichi e Montxo e os dianteiros Manu Rodríguez, Recalde e Chinco. No que se refire ás altas contan con tres caras novas: Julio Pardo (porteiro do xuvenil), Thiago (dianteiro que vén dende o Alfoz da mesma categoría) e Antón (un futbolista de banda que tamén procede da Segunda Galicia, en concreto do Candelaria). A maiores, os xuvenís Luis, Manuel, David, Parulo e José Antonio farán a pretempada co conxunto sénior. Por último temos a pretemporada do Celeiro. O 10 de agosto xogará ante o Ortigueira no campo de Morouzos. o 14, derbi rexional ante o Ourol no Cembedo. Por último, disputarán un cuadrangular o 19 de agosto no campo de Boavista. Os rivais serán o Folgueiro, Roupar e Candelaria.

 



II Torneo 3×3 de «Fútbol Burbulla» de

Diario dun mercado. Episodio 45

A nova Preferente e a Terceira, definidas

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *