#Fútbol afeccionado #Feminino #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 448

Avanza a pretemporada e superado xa o ecuador do mes de agosto practicamente a totalidade dos equipos da provincia comezou as sesións de preparación de cara o novo curso. O Escairón está inmerso nas semifinais da Supercopa (perdeu 0-1 na ida). A fin de semana do 7 e do 8 de setembro comeza a competición na Terceira, a Preferente e a Primeira Futgal.

O capítulo 448 ten moito protganismo para o fufem. Se nada cambia, esta temproada será de descanso para María Calvo. A futbolista dos Villares (Guitiriz), que exerceu as últimas tempadas de capitá do filial do Dépor, pensa darlle parón a súa carreira, entre outras cousas, para recuperar ben un dos seus xeonllos. Aínda que non deixa de ser algo anecdótico, María chegou a debutar en Primeira Divisón co Dépor na temporada 2019/20.

Na Segunda Galicia competirá a SD Chantada. Nieves Álvarez dá o paso de adestrar a un conxunto sénior. A preparadora de Monforte, con ampla experiencia na base do Calasancio, dirixirá ao conxunto chantadés en substitución de Jorge González (que seguirá no filila masculino da SD).

Nieves estará acompañada no corpo técnico por Manuel Meilán, quen este verán chegou a provincia para adestrar ao Relámpago Taboada no grupo sur da Terceira Masculina. Compaxinará ambos equipos. Xunto a Álvarez e Meilán, estará un home ben coñecido na zona sur da provincia, José María Rodríguez ‘Cabanelas’. Ademais formará parte tamén Jorge Rodríguez, que xa foi axudante de Nieves nos infantís do Calasancio.



O novo corpo técnico do Sangoñedo non poderá contar coa porteira Ángela González. A gardamallas chantadesa de 23 anos ficha no Antas. O club do Castro Seoane continuará dirixido por Dani Abelairas, seleccionador All Star 2024.

Con respecto á Terceira Galicia, na Comercial vai continuar Aroa. A xogadora All Star 2024 vivirá a segunda tempada no conxunto capitalino.

No fútbol masculino, continúan as novidades pola Ulloa. Rubén Rivas renova na portería do Monterroso.



Na Segunda Galicia, o Antas fixo oficial a chegada de Pampín procedente do filial do Chantada Atlético.

Baixando a Terceira Futgal, Mustha reforza o ataque do Relámpago Taboada. Ao equipo taboadés tamén chega o defensa Pisto procedente do filial da SD Chantada. Ademais renova Hasier. Entre fichaxes e renovacións, o Relámpago anunciou xa que conta con dezaseis futbolista para o próximo curso.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *