O mercado mantense activo nesta festiva xornada. A cousa semella especialmente interesante para os laterais esquerdos, pois Marcos Burgo renova unha campaña máis co Monterroso, mentres que na veciña vila de Taboada, o Relámpago asina a outro Marcos para reforzar esa mesma posición.
actívase o mercado nO CASTRO SEOANE
A SD Antas protagoniza varias das novidades do día de hoxe. Na sección feminina, as de Dani Abelarias renovan a Eva Pacín, Maite Louzao e a xogadora All Star Iria. A maiores, Paula Santiso chega á Ulloa procedente do San Roque. No cadro masculino, Carlos, Félix e Martolo tamén renovan. Preto do Castro Seoane, o Palas renova aos seus gardamallas Javi e Mateo, todo un seguro baixo paus, pois os dos Chacotes foron o conxunto menos goleado da Segunda Sur o curso pasado.
Tamén hai novas no fútbol semiprofesional. O mediocentro Ivaldine da Silva Pereira Pinto «Ju» abandona a disciplina do Gran Peña para enrolarse nun novo filial: o Polvorín. O guineano chega logo de defender as cores de Atlético Onubense ou Choco, entre outros.


