Movementos moi interesantes no mercado para moitos clubes que xa comezaron a súa pretemporada. É o caso da Residencia, que recupera ao seu central Borja, procedente do Riotorto, para competir na Primeira Futgal. Os seus rivais na categoría, como o Foz, tamén ultiman o seu cadro: renovan o canteirán Róber, Álvaro Moreda e Jose. O Taboada recupera a Gabri, fillo pródrigo que volve despois de xogar no Antas e na SD Chantada. Tamén volve á casa Javi Criado, que chega a Cerdeiriños para defender o escudo dun Monterroso no que continúa Toni, irmán do presidente Balbino.
Os retornos protagonizan o MERCADO de hoxe
Aínda na Primeira, o Guntín reforza o seu cadro co mediocentro Pacín (Comercial) e co extremo Nadir (Pol), mentres que o Racing Villalbés ‘B‘ anunciou a chegada do defensor Adrián Rodríguez, con pasado en Riotorto, Portomarín ou no fútbol base da Residencia.
Na Mariña tamén hai moitas novidades. Sergio Caramés asina polo Sporting Pontenova, mentres que Rocky cambia o Candelaria polo Celta Barreiros. Pola súa banda, o Mondoñedo reforza a súa portería coa chegada de Xesús Fernández, tamén ex da Candelaria, e os seus veciños de Abadín fichan a Ramiro e Víctor (ambos desde o Catro Roldas) ademais de renovar a Diego Rico.
O Roupar ficha ao porteiro Anxo, ao medio Yosi e ao central Nour Eddine, que debutará no fútbol galego da man dos chairegos. Por último, un Relámpago Taboada, que estrea presidente con Noel Diéguez, anunciou as renovacións de Iván Arguiz e do capitán David Moure.


