Comezamos este novo episodio do noso Diario dun Mercado con novidades en varios conxuntos mariñáns de Primeira Futgal.
O Foz anunciou a fichaxe do mediocentro Alberto. O experimentado futbolista retorna ao Martínez Otero, onde xa foi importante durante dúas temporadas, procedente do Xove Lago.
O Lourenzá refórzase coa chegada de Miguel Barreira. O defensor retorna ao club no que se formou despois de militar tres temporadas no Mondoñedo. Tamén se une ao ‘Atleti‘ Aksay Vega, dianteiro que na súa idade xuvenil foi un dos futbolistas máis destacados da provincia e que regresa aos terreos de xogo tras varios anos alonxado deles. Será xogador do primeiro equipo o barreirense Tucho tras rematar a súa etapa formativa. O extremo xa contou con moitos minutos a pasada campaña ás ordes de Roberto Ramallal.
O Santaballés asinou a contratación do extremo Quiñones. Tras militar na Comercial e Castro, chega á Liga tras xogar tres anos no Guntín.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Na Segunda Futgal o Celta Barreiros reforza a súa parcela atacante coa chegada de Diego. Formado na base do Ribadeo, conta coa experiencia sénior dunha temporada no Sporting Pontenova. O Lemos B contará con Juander, defensa procedente do Matela.
No Corgo continuará un ano máis Mejuto. Será a segunda temporada no conxunto que dirixe Abel Rochela. No Matela renova Riki e causa baixa Ian, que fará un paréntese na súa carreira futbolística.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)