#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 435

E xa estamos aquí cun novo Diario dun mercado! Comezamos pola Preferente, onde o Atlético Escairón presentou unha nova fichaxe. O atacante Xoel xa loce como novo xogador do equipo de Óscar Moure. Formado na base do CD Lugo, procede do Guntín. Mentres tanto na veciña Monforte, Samu non seguirá nas filas do Lemos. O xogador xa foi anunciado como nova incorporación do Córgomo ourensán.

Omar Gómez, novo adestrador do Riotorto

Baixamos á Primeira, onde chega unha das grandes bombas deste mercado estival. Pablo Rey cambia a Sarriana polo Castro. O lateral zurdo, un dos mellores futbolistas da provincia na súa posición, ocupará o oco deixado polo seu adestrador Dumi. E confirma aos do Arturo Pereiro como un dos claros candidatos ao ascenso a Preferente Galicia.

Na Segunda Galicia, o Riotorto xa conta con novo adestrador. Omar Gómez, irmán da All Star Sabe Gómez, chega ao banco de A Veiga despois de realizar as tarefas de segundo adestrador en Monterroso. O preparador da Ulloa contará cun incombustible na defensa unha campaña máis. Alex Ferreiros aportará toda a súa entrega e contundencia ao servizo do equipo.

Así mesmo, Diego Rey renovou á fronte do Portomarín. E en Palas xa se coñecen os capitáns para a vindeira campaña. Julián asume a función de primeiro responsable tras a retirada de Marcos Senande. Tamén formarán parte dos portadores de brazal Tenerife e Álvaro.



Pola súa parte, o Mondoñedo asegurou a continuidade de Romay, Nacho, Dani e Alex Gacio. Ademais; o Alfoz ficha a Adán, procedente do Foz. Natural de Carballido, militou na base de Ribadeo e Foz.

Un chanzo máis abaixo, na Terceira Galicia, o Catro Roldas incorpora unha cara nova. O porteiro Dani Torrente ficha polo cadro de Román. Procede do xuvenil do Lourenzá. Por último, un breve apuntamento de fútbol feminino. A lateral Andrea e a extremo Pau renovan na Comercial.



    Diario dun mercado. Episodio 435

    Así foi o intento fallido de unión

    Diario dun mercado. Episodio 435

    A vida segue igual no grupo lucense

    Dejar un comentario

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *