#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 433

Diego Fernández Sarriana

Con este número tan futboleiro (4-3-3) comezamos un novo diario. A Sarriana perde o talento de Pablo Rey, mentres que o seu curmán Diego sí continúa na Ribela. Tamén competirá un ano máis na Terceira RFEF o mediocentro de San Cibrao Pablo Martínez. Será de novo co filial do CD Lugo, logo da súa renovación cos albivermellos.

De novo o xermade con presencia no diario

Os chairegos anunciaron a renovación de Mario Fraga ‘Fraguita’, que chegara ao equipo no mercado invernal. Pola súa banda, o Brollón renova ao seu capitán Miguel e o Sporting Pontenova di adeus a Borja Lombardero. Un dos xogadores referencia para os da Mina deixa o club para enrolarse no Real Tapia, que adestra o lucense José Manuel. Cos da Pontenova, porén, continúa Óscar.

O Mondoñedo aposta pola renovación de parte importante do cadro: o gardamallas Adri, os defensores Chachi e Iff e os atacantes Javi e Oli seguen no Viñas da Veiga. No Matela renovan Josito e Bruno, aínda que Nacho deixa o conxunto de Outeiro de Rei.

diario



Diario dun mercado. Episodio 433

Diario dun mercado. Episodio 432

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *