#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 432

Comezamos o novo episodio do noso Diario dun Mercado cun futbolista que traspasa as fronteiras da provincia. Rares Mezdrea, que xa anunciara nos pasados días a súa saída do Racing Vilalbés, seguirá en Segunda RFEF nas filas do Pontevedra. O atacante chairego de orixe rumana, aínda en idade sub-23, acumulaba tres temporadas co primeiro equipo do Racing, co que debutou aínda en idade xuvenil. Tamén pasou pola canteira do RC Deportivo. En Pasarón, ás ordes de Yago Iglesias, con Xabi Domínguez, na estructura do CD Lugo ata a pasada campaña cando xogou no Guijuelo.

Diego Rey renova o seu compromiso coa Sarriana e cumprirá a súa quinta temporada no club. O extremo criado na Pobra de San Xiao volverá compartir vestiario con Santi Gegunde, con quen coincidira dúas temporadas na SD Compostela.

O Racing Vilalbés B anunciou a continuidade de Samu López. O dianteiro de Goiriz xogará a súa terceira temporada no filial e volve a unha Primeira Galicia na que xa marcou goles co Riotorto. O Santaballés non contará con Alberto López ‘Neska‘, un dos xogadores máis importantes do conxunto chairego nos últimos anos, que pon fin a unha traxectoria de quince anos adicados ao club da súa parroquia. Un dos encargados de ocupara a súa posición será Miguel, central que procede do Racing Vilalbés xuvenil e que comezará a súa etapa sénior na Liga.

O Chantada protexe a súa portería coa renovación de Adri. O gardamallas aínda en idade xuvenil xa traballa en dinámica de filial e primeiro equipo. No club do Sangoñedo tamén anunciaron a promoción de Jony ao filial, no que continuarán Iñaki, Mourenza, Cristian, Antón e Martín.



O dianteiro Diego Castro continuará nas filas do Guitiriz, mentres que o centrocampista laurentino Julián renova no Alfoz, conxunto no que xogará a súa segunda temporada. Alberto Ferreiro ‘Tini‘ renova no Xermade, club que o repescou o ano pasado para o fútbol logo duns anos lonxe dos campos. O mediocentro vilalbés vivirá a segunda campaña ás ordes de Borja Bouza. O Brollón renovou a David Armesto ‘Davicín‘, un dos capitáns que militará por décima temporada no conxunto dos Medos.

O Mondoñedo anunciou a renovación de cinco pesos pesados. Juancho, Jaco, Cristian, Noceda e Vázquez seguirán no conxunto do Viñas da Veiga e serán peza chave para Setxo. O Catro Roldas asinou a contratación do mediocentro Cristian Prado procedente do Racing Vilalbés xuvenil.



Diario dun mercado. Episodio 432

Diario dun mercado. Episodio 431

Diario dun mercado. Episodio 432

Diario dun mercado. Episodio 433

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *