#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 427

Abofé que o mercado se move. Un día máis, as novidades máis frescas do fútbol provincial. Por exemplo, o retorno de Manu Buide ao CD Lugo logo do seu paso polo Celta. O defensor xogará no filial albivermello, ao igual que Jorge Maceira. En outro filial tamén xogará o gardamallas Duarte, que regresa ao Racing Villalbés logo do seu paso polo Pol. E xunto a Vilalba, o Santaballés renova a Josiño e a Manu.

o mercado dA Mariña tamén se move

Finalmente, o Xove Lago sairá a competir. O cadro anunciou ao seu novo adestrador, Santi Silvar. Os seus veciños de Burela contarán un ano máis no verde co seu presidente e segundo capitán Jairo e co seu capitán Simón. Ademais, o Pastoricense renova ao seu adestrador Basi logo de acadar o ascenso á Primeira. Os do Acebreiro manteñen o núcleo do cadro que logrou o salto de categoría e incorporan ao gardamallas Fer Gayoso e a Pablo González ‘Bluski’.

Basi renova na Pastoriza.

Outra das bombas de hoxe é a fichaxe de Pablo Vivero polo CD Castro. O director deportivo do Villalbés continuará xogando ao fútbol aos seus 44 anos e enfrontarase ao filial chairego na liga regular. Na Segunda, o Xermade renova ao dianteiro Hossu e o Brollón ao central Anxo.

Por último, o Mondoñedo perde a Karro, Barreira e Bruno, mentres que o Abadín renova ao porteiro Cris e o Catro Roldas incorpora a Jaime Pernas, que xogará no club da súa terra.



mercado

Diario dun mercado. Episodio 427

Diario dun mercado. Episodio 426

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *