#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 422

Abrimos este novo Diario coa confirmación da fichaxe de Lucía Pardo pola Real Sociedad. Tal e como anunciara o medio dixital Relevo, a futbolista de Outeiro de Rei chega ao club txuri-urdin procedente do Madrid CFF. Asina por dúas temporadas e estará adestrada por José Luis Sánchez Vera, campión de liga co Atlético de Madrid en 2019.

Non seguirá no Racing Vilalbés Rares Mezdrea. O atacante chairego de orixe rumana, formado na canteira do RC Deportivo, pecha unha etapa de seis temporadas no club da súa vila. A súa condición de último ano en idade sub-23 podería abrirlle as portas dun equipo de categoría superior á Terceira RFEF.

O Polvorín anunciou o seu segundo reforzo de cara a nova temporada. Trátase de Víctor Casais. O atacante de Muros chega procedente do Pontevedra. Principalmente actuou co seu filial (en Preferente e Terceira), pero tamén tivo minutos co primeiro equipo. O xogador, de 22 anos, medrou na base do Bergantiños, co que debutou moi novo en Terceira, e pasou pola do Conxo e Burgos. Xa en idade sénior militou no Silva e no Fisterra.

O Ribadeo asinou a contratación do central Martín Traba e do mediocentro Del Viso, dous xogadores con pasado recente na entidade mariñá. O primeiro vivirá a súa terceira etapa no Pepe Barrera a onde chega procedente do As Pontes. O segundo, formado na base ribadense, formou parte do primeiro equipo ás ordes de Dani Moirón na campaña 2022/2023 e na última temporada militou no CD Foz, onde foi un fixo nas alineacións. O Escairón reforza a súa liña defensiva coa chegada de Jesús Iván Cerdeira ‘Pana‘. Central ou lateral esquerdo con procedente do Sporting Celanova. Conta cunha ampla experiencia na Preferente Sur e Terceira nas filas de Arenteiro, Porriño, Barbadás, Vilalonga ou Verín.

O CD Foz conta con novo adestrador logo da retirada de Jesús Gayol. O seu sustituto será o asturiano Pelayo Barrero que vén de dirixir o último ano ao Xove Lago, conxunto co que debutou nos banquiños. A Residencia garantiu a continuidade de cinco futbolistas. Rois, Dani Renda, Edrosa, Permuy e Yago seguirán un ano máis no cadro da Cheda. No Castro continuará Álex Goás. O dianteiro chegara ao Arturo Pereiro no mercado de inverno procedente do Abadín.

A SD Chantada tamén anunciou a renovación de Alberto González, Michi Carnero, Sergio Abad, Joserra e Foci, no que se prevé un proxecto de continuidade no Sangoñedo. No Meira, que este ano estará dirixido por Manolo García, renovaron Javi Vidal e Sergio Otero. Diego López e Miguel Rego continuan no Racing Vilalbés B. O segundo remata a súa etapa xuvenil, pero acumula numerosos minutos co filial nas dúas últimas temporadas.

O Guitiriz renovou ao seu gardameta Breixo. Será o seu primeiro ano sénior, pero xa contou cun bo número de minutos no primeiro equipo. Tamén continúa Mauro, un dos clásicos do noso fútbol, que suma máis de vinte temporadas no Suso Cruz. Tamén blinda a súa portería o Xermade. O club xa comunicou a renovación de Juanxo e en breve anunciará a de Ángel Prieto. A maiores incorpórase tamén o gardamallas Alberto. O de Támoga chega procedente do club do seu concello, o Cospeito. Seguimos falando de porteiros, neste caso nas filas do Muimenta, que incorpora a Antonio, nado na parroquia chairega levaba un tempo adestrando co conxunto do Pichón.

O Brollón incorpora a Adrián Pérez ‘Buti‘, xogador de banda, e renova a David López ‘Messi‘, que continuará no conxunto dirixido por Chura. No Incio continuará Xosé de Saa. Novidades no Ferreira, que incorpora a dous xoves futbolistas procedentes do xuvenil do Monforte. Óscar, xogador de banda con raíces na vila, e Adrián da Silva, dianteiro. Tamén xogará no Baliño o atacante Kylian, procedente do fútbol suizo.

O Abadín garantiu a continuidade de seis xogadores. Os capitáns Regueira e Rubén Carreiras, ademáis de Alberto, David López ‘Chupi‘, Pabliño e Rubén Maseda seguirán nun conxunto chairego que non poderá contar con Ángel Paz ‘Bufy‘, un dos xogadores máis destacados da última temporada. No Matela seguirá como adestrador Xosé Ramón Pena ‘Cuchy‘. Aconpañarano no campo o incombustible Pedro Rodríguez, que leva máis de vinte anos no club, e Óscar Veiga, un dos capitáns.

No Catro Roldas renova Diego Maseda. Será a súa segunda temporada na Canteira. No veciño Rioaveso xogará Noé González. O dianteiro procede do Abadín e coincidirá no vestiario co seu irmán Adrián González. É a segunda fichaxe do conxunto de Paraños logo de confirmar a chegada do tamén dianteiro Toni Méndez.

O ex adestrador do Sporting Pontenova, José Ángel Castro, será o encargado de dirixir ao cadete do Lourenzá na súa estrea en liga galega.

Diario dun mercado. Episodio 422

O IV All Star Futbolinlugo en imaxes.

Diario dun mercado. Episodio 422

Diario dun mercado. Episodio 423

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *