O mercado aglutina todos os titulares nos últimos días. Os clubes de todas as categorías dan forma aos seus proxectos de cara á temporada 24/25. Á sonada renovación de Dani Galán á fronte do CD Lugo ‘B’ hai que sumar o retorno doutro lucense ao fútbol lucense da Terceira RFEF. Luis Díaz deixa o Somozas para xogar na Sarriana.
Na Preferente, a SD Pol comeza con turbulencias. Iván González abandona unha dirección deportiva que asume César Porto, axente de xogadores. O novo membro do cadro de Mosteiro estará axudado por Óscar Seijas, un contrastado técnico de base lucense. Ademais, o Escairón renova a dous dos piares do ascenso: Julito e Denís seguirán no Saviñao na volta do equipo á categoría.

Xa na Primeira Galicia, o mercado móstrase activo. A SD Chantada afianza o seu proxecto deportivo. ‘Kadete’ continúa no conxunto que seguirá dirixindo Traste. Tamén seguirá no Sangoñedo o técnico do filial, Jorge González, que chegou mediada a pasada campaña. Outro filial veciño, o Lemos ‘B’, mantén no seu cadro de xogadores a Jairo.
Moi activo o mercado na segunda galicia
Na Pobra do Brollón, César Meda cumprirá a súa terceira campaña consecutiva nos Medos, mentres que o Rubián da continuidade aos xogadores que acadaron o ascenso: Ribi, Dani, Miguel Arias, Fran Vila, Armesto e Luigi mantéñense no equipo.


Na Mariña, pola súa banda, o Iberia incorpora a Iván García, do Ribadeo, e sóbe a Carlos desde o xuvenil, aínda que o xogador xa disputara un bo número de minutos co primeiro equipo das Valgas. O Abadín seguirá disfrutando do seu capitán Regueira, todo un home de club. Pola contra, Castro deixa de ser adestrador do Sporting Pontenova.