#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 414

Nova entrega do Diario dun Mercado, a sección estrela do verán. A Preferente concentra as primeiras novidades: o exgardamallas do Ribadeo Diego dos Santos, con pasado no Celta ‘B’ e no Marino de Luanco, será o novo preparador de porteiros do club mariñán. Pola súa banda, o Lemos asina ao dianteiro César, xogador e goleador no último All Star. Ademais, os seus veciños do Saviñao teñen novo adestrador tras o ascenso: Óscar Moure.

mercado
Lucas continúa no Rubián.

O resto dos movementos corresponden á Segunda Galicia. Na zona norte, o Sporting Pontenova renova a Adrián, Dany, Diego, Fran, Héctor, Marcos e Óscar, mentres que Bachir e Adrián Cube seguirán defendendo as cores do Iberia. No sur, o defensor Lucas renova no recén ascendido Rubián e Maza regresa ao Brollón tras o seu paso polo filial do Lemos.

O Guitiriz, moi activo no mercado

No Suso Cruz tamén ultiman os detalles de cara á nova temporada. Kiko Álvarez releva a Jose na presidencia do club, e Miguel Álvarez ‘Michel’ asume o cargo de adestrador e comezará a súa segunda etapa á fronte dos guitiricenses. O preparador, con experiencia como xogador en clubes como Logroñés , Dépor, Lugo, Endesa, Laracha ou Bergantiños, asume os mandos nunha temporada «de transición», con moitos xuvenís chamados a ser importantes no primeiro equipo.



Diario dun mercado. Episodio 414

Diario dun mercado. Episodio 415

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *