#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 413

O mercado non para. Comezamos este novo diario coa mellor xogadora da provincia. Lucía Pardo deixa o Madrid CFF logo de tres anos na capital. Tras comezar no filial, a de Outeiro rapidamente chegou ao primeiro equipo e inscribiu o seu nome na historia do fútbol feminino tras ser a primeira goleadaora na temporada 2022/2023, primeira campaña na que a liga foi profesional.

O Racing Vilalbés non poderá contar co extremo Álex Pérez, logo de dúas temporadas na que resultou un dos futbolistas máis importantes do conxunto chairego.

O Ribadeo oficializou as renovacións de Simón e Diego Ferreiro. Ámbolos dous cumprirán a súa segunda temporada no Pepe Barrera. O Lemos anunciou a contratación do ourensán Luis González. Con pasado no Barbadás e na UD Ourense, procede do Chantada Atlético, onde xogou as dúas últimas temporadas. Adri Armesto, Sergio Seijas, Panizo e o xogador All Star Adrián Carrasco renovan no conxunto monfortino. No Pol non continaurá Fernandito, que anunciou a saída do club tras acadar un histórico ascenso a Preferente.

Dumi, histórico central do Castro, con pasado no Racing Vilalbés, Foz e Ribadeo, colga as botas e farase cargo do primeiro equipo en Primeira Autonómica, que partirá co obxectivo de recuperar a categoría perdida. Co conxunto chairego continuará Noel e retornan Rulo, desde o Cospeito, e Dani Díaz desde o Outeiro En cambio, será baixa o defensa Juama, que xogará nos veteráns do Gaioso. Precisamente no Outeiro de Rei continuarán un ano máis Alberto Díaz, Iván Navia, Martín Díaz ‘Chufi’ e Samuel Seijas. O central ou mediocentro Iván non continuará nas filas do Meira.



O Iberia anunciou as renovacións de Marcos Pernas, Borja, Yáñez, Perancho, Cube e Dani Prieto. No Muimenta tamén continuarán os irmáns Xulio e Pablo, o gardameta Noche, así como Iago, Jartín e o goleador Jesús. O Sporting Pontenova asinou as fichaxes de Bruno e Pedride, procedentes da Comercial, que retornan ao club no que se formaron. Tamén xogará na Mina Jaime, con pasado na base da SD Ribadeo, Real Tapia e Astur Vegadense. Actualmente militaba no Marino de Figueiras de fútbol sala.

A pesar dos rumores, o Paradela seguirá competindo con nova directiva. Santi, ex do Santa Comba, será o novo adestrador. Ademáis continuará a gran maioría dos xogadores da pasada campaña, incluidos Albertito ou Romy. O pichichi sonaba para varios conxuntos de Primeira, pero seguirá no Gandarón. O Brollón, despois dunha gran temporada, seguirá contando con Chura como adestrador. Tamén continuarán David e Isma, este último vivirá o segundo ano nos Medos a onde chegou procedente do Río Sil. No Rubián continuará o gardameta Casillas, determinante nos últimos anos no conxunto adestrado por Senén López.



Diario dun mercado. Episodio 413

IV All Star: moito máis que fútbol

Diario dun mercado. Episodio 413

Contracrónica IV All Star Futbolinlugo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *