O novo episodio do Diario dun Mercado comeza coa renovación de Pablo Antas nas filas da SD Compostela. O monterrosino seguirá capitanenado ao conxunto da capital de Galicia e cumprirá a súa sexta campaña na entidade. Fóra das nosas fronteiras o burelao Pol Bassa asinou como novo futbolista do Tenerife, aínda que terá ficha do filial. O lateral pertenceu a pasada campaña á Ponferradina e xogou cedido na Ximnástica Torrelavega.
No Racing Vilalbés asinou a contratación do atacante Anthony, procedente do Betanzos, co que competiu esta pasada temporada na Terceira RFEF. Pola contra causan baixa Uzal, un dos xogadores máis destacados dos chairegos no último ano, e o central Fito que chegara á entidade no mercado de inverno.
Ruchi e Jacobo Vilariño seguirán formando parte da Sarriana. O central cumprirá a cuarta temporada na Ribela, mentres que o mediocentro xogará a súa sexta temporada cos sarriaos.
No Outeiro de Rei continuarán defendendo a portería Alberto Pacio e Luis Fernández ‘Lucho‘. O Celta Barreiros segue dando pasos de cara ao seu novo proxecto en Segunda Galicia. O central Anxo e o lateral polivalente Pita continuarán ás ordes de Rubén Acebedo. No Páramo, o capitán Borjita cumprirá a súa decimoquinta campaña no club. Os das Rapadas refórzanse tras o seu retorno a Segunda coas chegadas de Dani López, irmán do xa futbolista do club Juan, e que ven de rematar a súa etapa formativa na Sarriana, e con Ricardo Mendoza, máximo goleador do filial sarriao o pasado curso, malia non ser dianteiro. Mario Platas, Santi e Juan Rivero causarán baixa. Este último militará no conxunto de veteráns.


O Rioaveso ten moi avanzada a confección do seu cadro de xogadores ao contar xa con vinte fichas para afrontar a súa novena campaña en Terceira Galicia. Nas últimas horas anunciaron a fichaxe do dianteiro Toni Méndez, procedente do Racing Vilalbés xuvenil. Ademáis confirmaron a continuidade de Guille e Luis Alberto. Os dous gardametas non tiveron dispoñibilidade completa este curso, o primeiro deles por lesión. Tamén mancados estiveron Iago Rico e Iago Gesto, que tamén continuan. Ademáis de xogadores como Álex Anido, Chechu, Mario e González, que se uniran ao club o ano anterior.