#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 409

Chega un novo Diario dun Mercado e vén máis cargada ca nunca. Comezamos cun lucense que xoga fóra da nosa provincia. Dani Vidal deixa o Coruxo, conxunto no que militou en dúas etapas, tras ser peza importante en Segunda RFEF.

O Racing Vilalbés oficializou a chegada do central Edgar, procedente da Sarriana e anunciou a saída dos malagueños Izan e Arturo. O club chairego tamén remodela de cara a vindeira temporada a súa estructura no fútbol base. O chantadés Juan Rodríguez, nas dúas últimas campañas, segundo adestrador do primeiro equipo, pasa a ser o novo director de canteira, sustituíndo así no cargo a Roberto Freire.

Novidades tamén na Sarriana. O gardameta Valentín Mosqueira continuará unha temporada máis no club. A meta da Ribela contará de novo con Javi Liz e Valentín Mosqueira para gardar as súa redes. Ademáis, segue no equipo Arona Sané. O atacante chegou á Ribela a finais da temporada 2022/2023 e xa estivo presente no ascenso a Terceira RFEF. Sen saír da Terceira, o Betanzos asinou ao gardameta Ramón. O de Sober cambia así o Arteixo polo conxunto do García Hermanos, logo dunha temporada na que tamén foi protagonista na selección galega de afeccionados xunto a Javi Liz.

O Viveiro continua coa súa aposta por contar con máis futbolistas da zona e asinou as fichaxes do mediocentro Xoel e do dianteiro Carlos. O primeiro, xa formado na base do cadro celeste, procede da SD Burela conxunto co que tivo gran protagonismo nesta pasada temporada. O segundo procede do Xove Lago, equipo co que rematou a temporada despois de comezala ás ordes de Alberto López en Cantarrana.



O Lemos renovou ao lateral Borja Castro, mentres que Gabriel Rodríguez fixo o propio no Lemos B. O filial monfortino terá como preparadores a Carlos Escudero, que colga as botas, e a Manuel De la Horta, que xa se fixera cargo do equipo tras o cese de Jesse a comezos de marzo. Para a nova campaña xa foi anunciada a fichaxe de David Díaz e as renovacións de Saúl Oviedo, Ulises López, Iago Aira e Mouttaki Mohamed.

No Ribadeo non continuará Pichi como máximo responsable técnico. O técnico dirixiu ao conxunto do Pepe Barrera nos últimos meses de liga e logrou a permanencia. Todo apunta a que a nova directiva ribadense apostará por Ramón Labrada para o banco. O preparador vén de rematar un ciclo de tres anos no Meira. No conxunto meirego non continuará Óscar López.

Álvaro Veiga, Lucas Román, Diego Redondo e Óscar Ben continuarán un ano máis capitaneando ao Outeiro de Rei en Primeira Galicia. O recén ascendido Oural contará con Fabián Tourón. O zagueiro retorna así á súa terra logo de ser un dos xogadores máis destacados do Portomarín. Según adiantou El Progreso, Maragoto será o adestrador do Lourenzá logo da saída de Roberto Ramallal. O novo técnico conta con experiencia nas categorías de base do Burela e Viveiro.



Diario dun mercado. Episodio 409

Aberta a inscrición para os 3 concursos

Diario dun mercado. Episodio 409

Programa completo do IV All Star

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *