#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 406

O Diario dun mercado está en plena tempada alta. Non son poucas as novidades que traemos hoxe. E en diferentes categorías.

Jaime Paz será o conductor da nova Sarriana

A Sarriana anunciou ao seu novo adestrador para o seu segundo curso consecutivo na Terceira RFEF. Jaime Paz regresa á Ribela despois do seu paso fugaz por Sarria na campaña 20/21. O antigo preparador da base do CD Lugo, onde coincidiu con varios dos seus próximos xogadores, ocupara o sitio de Charly nos dous últimos partidos ligueiros.

Jaime non terá ás súas ordes a un dos mellores defensas da pasada campaña. Edgar Redondo despediuse da Sarriana e o seu vindeiro destino podería estar na nosa provincia e na mesma categoría.

Rodrigo Amarante, un contrastado técnico no mercado

Dobre regreso na Primeira Galicia. Os irmáns Cantillo volven a Monterroso tras dúas campañas na Residencia. O defensa Jorge e o extremo Gabi fixeron as maletas cara Lugo para iniciarse no xuvenil de Galega da Cheda e rematar sendo importantes nesta pasada campaña na Residencia de Preferente. Agora, feitos uns homes, agardan ser pezas claves en Cerdeiriños.



Na Segunda Galicia, o Santa Comba inicia o seu ilusionante regreso á categoría coas incorporacións dos irmáns Varela. O porteiro Roy chega desde o Portomarín para ser unha clara referencia no seu posto. O mediocentro César deixa Riotorto despois de dous anos para unirse ao seu irmán e aos seus veciños. Estaremos moi atentos aos de Tras do Novo, que prometen dar demasiada guerra neste mercado estival.

No grupo Norte desa categoría, falamos doutro recén ascendido. O Celta Barreiros contará con Rubén Acebedo no banco un curso máis. Tamén continúa o gardamallas ribadense Iñaki Ramos. Será a segunda tempada no club para ambos e prevense máis renovacións nos próximos días, logo de que o club do Cascabeiro triunfara na pasada tempada cun cadro de xogadores moi rexuvenecido.

Dani Moirón ocupará un novo posto no organigrama do Ribadeo

Baixamos á Terceira Galicia, onde o Rioaveso fixo públicas varias renovacións. Seguen no barco chairego o eterno capitán Lingas, Mario, Álex Veiga, Esteban Gil, Amido e Javi Cruz.



Ademais, Rodrigo Amarante remata a súa etapa no Carballedo logo do descenso á Terceira. O técnico pon fin a tres tempadas no club do Catro Ventos no que conseguira un ascenso e unha permanencia en Segunda.

Por último, un breve apuntamento. O antigo adestrador do Ribadeo Dani Moirón será o Director Deportivo do primeiro equipo ribadense así como da sección de fútbol-11 da SD Ribadeo.

Diario dun mercado. Episodio 406

Os filiais mandan na Copa e na

Diario dun mercado. Episodio 406

Diario dun mercado. Episodio 407

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *