#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 400

É un diario especial. Chegamos aos 400 capítulos desta sección, que conta todas as novidades no mercado do fútbol provincial, sen deixar a ninguén olvidado. Como non van olvidar na Veiga do Olmo a Fran Veiga, que deixa de adestrar ao Castroverde por motivos familiares.

E tampouco a Cora no Goiriz. O preparador deixará de adestrar aos chairegos despois de 14 anos como técnico, aínda que seguirá vinculado ao club. O novo adestrador do Ventiño será Veiga, que comezara a 22/23 dirixindo ao Muimenta. Tampouco seguirá Isra no Mondoñedo.

O mercado estivo moi vivo en vilalba. contámolo no diario

viveiro diario
Alberto López collera o timón do Viveiro hai dous anos. Foto: Viveiro CF

Por outra banda, xa está cuberta a vacante de Simón Lamas no Racing Villalbés: Alberto López chega á Magdalena para dar continuidade ao bo momento histórico dos chairegos. O ex do Viveiro contará cos capitáns López e Make sobre o verde, que renovan. Porén, Ibra e Torrado, que finaliza a súa cesión, deixan o club.

Tamén hai movementos no sur da provincia: Aissa é a primeira renovación do Club Lemos, mentres que Ruboi seguirá como adestrador do Incio Terra Brava.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *