#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 394

Comezamos este novo Diario falando dun lucense que xoga fóra das nosas fronteiras. Trátase do lateral esquerdo burelao Pol Bassa, que este verán asinou pola Ponferradina despois dunha gran campaña no Burgos Promesas. Finalmente xogará cedido na Ximnástica de Torrelavega de Segunda RFEF e será rival do Racing Vilalbés.

Baixamos a unha Primeira Galicia que nos trae moitas novidades. O Burela anunciou as renovacións do gardameta Kiko Mariño, Miguel Gomes, David Ben e Javi Celes. No Monterroso continua un ano máis o extremo Martín Crespo. O Riotorto contará esta campaña cos defensor Oualid, procedente do Guntín e Luis Fabián, do Sporting Lucense. Do San Roque chega á Veiga o atancante Dominhi.

O centrocampista vilalbés Manu Gayoso volve aos terros de xogo tras seis anos afastado deles. Regresa ao Muimenta, precisamente o club no que militou antes da súa prolongada parada. Formado na base do Racing Vilalbés e do Vilalba FS, Manu Gayoso xogou dúas temporadas no Muimenta ao carón de ilustres como Miguel Mateos.

O Páramo asina ao centrocampista Pepe, que retorna ás Rapadas para esta nova campaña na que o club pelexará polo ascenso a Segunda Galicia. A Comercial B refórzase coas fichaxes de Houssane e Prieto.



Diario dun mercado. Episodio 394

O III All Star Futbolinlugo en imaxes:

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *