Comezamos con novidades no Monterroso, que acadou a renovación de Marcos Burgo. No Pol xogará Juan Rivero, antigo gardameta de fútbol sala, que cambia a pista polo céspede, onde actuará como xogador de campo.
Iñaki Vilariño troca de ubicación futbolística na comarca da Ulloa. O xogador deixa o filial da SD Monterroso e xogará no Palas. Moi preto, no Antas, continuarán un ano máis, Martín, Rafa e Goleta.
Todos pensabamos que estaba en Miami, pero David López Freán ‘Messi‘ xogará un ano máis no Brollón. Será a súa novena campaña no conxunto dos Medos. Tamén renova Iago López, que retorna logo dun periodo lesionado.
O Rubián asina a Brian Lorenzo, xogador procedente dun Sporting Lucense con moitos cambios para esta temporada que comeza. Braian, Nahuel e Piru reforzan ao Relámpago Taboada, onde renovan Raúl, André e Águila.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)