A pretemporada xa comezou para o Racing Villalbés. Este xoves coñecerá o calendario da súa temporada de estrea na Segunda Federación. As fichaxes non paran na provincia e no Goiriz producirse un feito histórico.
Este mércores o Racing iniciou os adestramentos. Formaron parte 20 xogadores do primeiro equipo: os porteiros Álex Santomé e Arturo, os defensas López, Jose Varela (pode xogar tamén como extremo), Vérez, Kiko, Nathan, Buyo e Luis Castro; os mediocentros Make, Javi Varela, Uzal, Javi Rey e Pablo Rey; e os atacantes Álex Pérez, Rares, Isaac, Duque, Santi Gegunde e Christian Martínez.
Tamén realizarán estas primeiras sesións de traballo catro xuvenís: Yago Miguélez, Yago Vázquez, Borja e Gegun. Ademais de Samu López do equipo filial e prevese que se incorpore tamén o gardamallas Edgar (que acaba de volver ao conxunto B logo de xa vivir unha etapa de xuvenís no club).
Na Preferente, o Ribadeo incorpora a Simón Hortal para a defensa. O central nado en Chantada, pero criado dende neno no municipio ribadense, chega procedente do Andés asturiano.
Na Primeira Rexional, o defensa Guaje, que participou no III All Star Futbolinlugo, non seguirá no Portomarín. Tampouco continuará David Barrio. Xa no Guntín, o club comunicou unha das súas renovacións clave, a do delegado Pablo Gay. O seu traballo, ao igual que o de outros compañeiros, é moitas veces invisible pero de esencial importancia.
Na Segunda Rexional, o tándem formado no banco por Antón Méndez e Javi Gómez continuará dirixindo ao Becerreá.
Tamén no grupo sur, Sanroquiño ficha polo filial da SD Chantada procedente doutra canteira da zona, o Taboada B. O Brollón anunciou a renovación do porteiro Dani Vila. Mentres que o recén ascendido Quiroga contará un ano máis con Cañero, Manuas e Sergio Pollo.
Na zona norte, o Muimenta xa comunicou dezasete renovacións no seu cadro de xogadores. Continúan os irmáns de Prevesos, Julio e Pablo, tamén Álex Barja, Matías Gastón, Diego Rico, Dani, o xoven Yeray e o veterán Jorge. Este último continúa no fútbol sénior logo de volver no medio da temporada pasada tras deixar o Pastoricense de veteráns.
Na Terceira Rexional vaise producir un feito histórico no Goiriz. Alberto ‘Muñiz’ vai xogar ao fútbol con seu pai Manel. O futbolista que pode actuar de central ou mediocentro chega o equipo do Ventiño procedente do Santaballés. Alí coincidirá co capitán Manel, quen aos seus 49 anos segue sendo un incombustible polo lateral esquerdo.
Tamén na zona norte, Moro e Adri renovan no Celeiro. O Celta Barreiros ficha ao mediocentro Roi procedente da SD Ribadeo e ao lateral zurdo Lucas que chega con experiencia sénior do Sporting Pontenova.
No sur, o Río Sil comunicou a renovación de Cuñas e a fichaxe de Isac que procede do Calasancio. Ademais, José López mantén o seu compromiso co Páramo. No capítulo de saídas, Dani Ferrol e Rodri abandonan o Rubián.
Na Segunda Galicia de futfem, Jorge González Lemos é novo adestrador da SD Chantada fem. Chega con experiencia nos xuvenís da Sarriana. Estará acompañado por Manuel González Castro coma segundo técnico.
Na Terceira Galicia de futfem, o San Lázaro comezará a súa pretemporada a mediados de agosto. Xa anunciou a renovación da porteira Jessi e da mediocentro Anita. No Monteforte vai continuar a soberina Alba Varela.