#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Diario dun mercado. Episodio 367

O fútbol afeccionado da provincia continúa movéndose no mercado. Precisamente na véspera de que o Racing Villalbés inicie os seus adestramentos preparando o inicio da Segunda Federación.

O propio Racing comunicou nas últimas horas a incorporación dun porteiro. Ficha ao andaluz Arturo Ramírez que fará 21 anos en agosto. Procede do Atlético Malagueño (filial do Málaga) que xogou en Terceira RFEF.

Ademais o corpo técnico liderado por Simón Lamas contará con Rodrigo Rivera como preparador físico (naronés que as últimas dúas tempadas estivo con Michel Alonso na SD Formentera) e co xovencísimo Javier Valencia como preparador de porteiros (estivo no Silva a última campaña).

Outro dos nomes propios é o de Paula Veiga. A xogadora lucense renova no CD Salamanca FF logo de chegar o pasado verán. Competirá na Terceira RFEF, categoría de nova creación.



É a mesma categoría na que xogarán o PM Friol e o CD Lugo, aínda que Paula non xogará en Galicia porque o equipo salmantino está enmarcado no grupo II. Precisamente o PM Friol non contará o próximo curso con Nuria Torres que fichou no Real Avilés.

Volvendo ao fútbol masculino, na Preferente prodúcese un regreso en Castro. Marino, que xa xogara en Terceira co equipo vermello, regresa ao Municipal procedente da Sarriana.

O lateral ou extremo volve cinco anos despois o club que o viu medrar deportivamente. Neste tempo pasou polo Viveiro (en dúas etapas), polo Racing e a Sarriana.



Na Primeira Rexional salientan as novidades en Pol. Os defensas Agus e Julio Camba son as novas incorporacións do equipo que vai estar preparado por Fernandito. Ambos proceden da Sarriana. Ademais renovan Nadie e Rubén Iglesias.

Tamén hai fichaxe en Portomarín. Suma ao novo proxecto a Ily, que vén dende o Becerreá.

O Guitiriz, que volve á división trece años despois, ficha ao centrocampista Saúl Pérez; que vén dende o San Lázaro.

Na Segunda Rexional, Juan Manuel Rivera ‘Perry’ será o adestrador do filial da SD Chantada. Na segunda parte do pasado curso xa estivo no corpo técnico do Chantada B. Estará acompañado por Miguel Corral ‘Gorri’ que era o técnico do conxunto feminino.

No sur da provincia, produciuse un dos grandes movementos do mercado. O dianteiro Isma ficha no Brollón procedente do Río Sil.



Xa no norte, Javi Álvarez volve ao Lourenzá, club no que se formou, logo do seu paso polo Mondoñedo. Fran, logo de rematar a etapa xuvenil, formará parte do Sporting Pontenova.

O Racing Villalbés B ficha a Miguel Río ‘Michi’. O vilalbés chega dende o Riotorto. Ademais renova a Hugo Blanco que segue no club tras acabar a súa etapa xuvenil.

Diario dun mercado. Episodio 367

Diario dun mercado. Episodio 366

Diario dun mercado. Episodio 367

Diario dun mercado. Episodio 368

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *