#Fútbol afeccionado #Feminino #Primeira Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 320

Achegámonos a setembro, pero o mercado aínda se mantén activo. Os clubes ultiman os seus movementos de cara a nova temporada. É o caso do CD Barco, onde podería xogar o lucense Álex Rey, segundo indican desde Non Vale Furar. Enfrontaríase así ao seu irmán, Javi Rey, que goza dun momento dulce no Racing Villalbés.

Outro equipo da Terceira RFEF, o Viveiro, incorpora ao atacante Arona Sané. O senegalés, que chega desde o Alondras, debutou en Primeira División coa camisola do Atlético de Madrid. Tamén na Mariña, o Xove Lago ficha a Mario Gómez, que chega desde o veciño Folgueiro para reforzar aos verdes na Primeira Galicia.

Tamén é época de cambio en Monterroso. O filial de Cerdeiriños será dirixido por Javitxu, ata agora delegado do Portomarín, e por Gontá, xogador do primeiro equipo que botará unha man no equipo ‘B’. Pero o máis sorprendente é que Víctor Valiño ‘Valigol’ non vestirá a camisola do Monterroso este ano: o dianteiro é o novo reforzo do Relámpago Taboada.

Por último, confírmase a emigración de Diana Picos. A ex-dianteira do Carballedo move os marcos para xogar no Bandeira, do concello de Silleda.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *