Estes primeiros días de xullo seguen a ser moi prolíficos en canto a movimentos no noso fútbol, con fichaxes, renovacións e saídas en case tódalas categorías.
Comezamos na Segunda RFEF. Fer Beltrán, xogador do Saviñao, convirtiuse en nova fichaxe da SD Compostela logo do seu periplo de tres temporadas no Racing de Ferrol. Anteriormente xa xogara na mesma categoría nas filas do Coruxo.
En Terceira continúan as saídas de xogadores nun Arzúa que renovará o seu cadro de xogadores case ao completo. Desta volta tocoulle o turno a dous lucenses: Álex Vázquez e Brais Prieto. O primeiro xogou dúas temporadas no cadro arzuán, mentres que o segundo disputou só a recén rematada que lle serviu de debut na categoría. Un chanzo máis abaixo, Juan Souto causará baixa na Residencia, onde foi un fixo na zaga do cadro lucense nas últimas temporadas.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
A Primeira Autonómica tráenos moitas novidades nos banquiños. A gran sorpresa saltou na SD Pol. Alberto López anunciou a súa saída do club no que non chegou a debutar ao non desputarse esta última temporada por mor da Covid-19. Pola súa banda, a SD Chantada anunciou a contratación de Javier Montoto como novo adestrador do primeiro equipo e afronta a súa segunda etapa no banquiño do Sangoñedo. O lalinense ven de acadar o ascenso a Preferente co Atlético Escairón. A SD Burela anunciou a continuidade de Luchi como máximo responsable técnico.
O Iberia protagoniza o mercado da Segunda Autonómica. José Manuel seguirá no banco de As Valgas e Carlos Devesa continuará como segundo adestrador. Asimesmo, o conxunto de San Miguel de Reinante anunciou a contratación de cinco xogadores cos cales xa chegaran a un acordo para a anterior temporada, que non se chegou a disputar. Adrián Barrera, dianteiro que xogou en Preferente co Ribadeo, Adrián «Cubelas«, mediapunta aínda en idade xuvenil que vén de realizar unha boa campaña no Real Tapia, o lateral Yáñez, que rematou a etapa de formación na SD Ribadeo, Joni un mediocampista procedente da SD Burela, con pasado no Valadouro e tamén Iñaki, xogador formado no CD Foz e con experiencia no Valadouro, Mondoñedo e Celta Barreiros. O Antas asinou ao gardameta Sergio Cid, procedente do Monterroso.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
No fútbol base, Aarón Sánchez deixa a coordinación do Casás e Richard Huerta será o adestrador do conxunto cadete e xuvenil do Becerreá.