#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 205

Empeza a moverse a bo ritmo o mercado. Especialmente nas categorías superiores. Comezamos cunha nova edición deste imprescindible do verán.

Na Terceira División, o Rácing Villalbés anunciou dúas renovacións nas últimas horas. O talentoso Ángel e o lateral zurdo David Buyo seguirán ás ordes de Simón Lamas. En próximas datas, confirmarase a fichaxe do dianteiro Adrián Otero polo club chairego. Atacante xove e prometedor.

O punta do Paiosaco chegará á Magdalena como adiantou o compañeiro Rubén García na súa conta de Twitter. Aínda que moitos se olviden das boas prácticas, nesta casa non queremos perder o manual xornalístico e citaremos sempre a quen consegue unha información.

Na capital, Nico, Jesús e Christian renovan co Polvorín. Tres homes importantes para o novo proxecto de Álex Ortiz. E un apunte lucense máis no club albivermello. Ruben Arce, antigo adestrador de porteiros de base e filial, regresa ao Lugo para facer esta mesma tarefa no primeiro equipo.



Volvemos á Terceira despois desta pequena paréntese. Un lucense exiliado ten novo equipo. Iñaki, que hai uns días anunciaba o seu adeus á Gimnástica de Torrelavega, ficha pola U.D Escobedo. Será a sexta camisola dun equipo cántabro que vista. Logo de xogar xa no Tropezón, Santillana, Rinconeda, Barquereño e Gimnástica de Torrelavega. No conxunto de Camargo coincidirá con Laro Setién, o fillo do adestrador Quique Setién.

Na Preferente, Diego Simón cambiará a Residencia polo fútbol sala. E no Foz teñen novo técnico. Bebo, o antigo preparador físico do Viveiro, regresa ao Martínez Otero para dirixir aos branquivermellos tralo adeus de Javi Chinchón. Ademais, segundo adianta El Progreso, Rafa Casanova despexou as dúbidas e cumprirá unha temporada máis no Ribadeo.



Unha categoría máis abaixo, Alberto Pacio recalará en Outeiro de Rei dende Friol. Ocupando así a vacante que deixa Dieguiño, que marcha estudar fóra de Galicia. Na Segunda, o Brollón segue a ser o conxunto máis activo no mercado. Renovan Bertín, Hugo, Castro, Messi, Dani, César e Javi Lamús. Incorporan ao defensa Pablo Tourón, procedente do Lemos B.

No Río Sil mantéñense as fichaxes paradas pola COVID: Luis (procedente do veciño Sober) máis Pablo (regresa a Carqueixa despois de xogar no Brollon). Ademais o conxunto adestrado por Juan Diéguez suma a filas a Lucas (procedente dos xuvenís do Monforte).

Diario dun mercado. Episodio 205

Un só gol deixa á Sarriana sen

Diario dun mercado. Episodio 205

Diario dun mercado. Episodio 206.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *