#Fútbol afeccionado

Diario dun Mercado. Episodio 170

Chega un novo episodio do noso mercado, con claro protagonismo para a Primeira Autonómica. O Chantada tentará de novo pelexar polo ascenso a Preferente, e para iso renovou ao seu goleador Javi Ramos e tamén ao gardameta Kevin. O Pol, o equipo que está dinamitando o mercado no fútbol lucense, asinou a Adrián Vizoso, goleador reconvertindo a lateral a pasada temporada no Ribadeo.



O Lourenzá, que terá no banquiño a Roberto Ramallal, renovou a dous históricos do clube e tamén do noso fútbol: Iván Recalde e Montxo. En Riotorto, todo apunta a que contarán con Álex Paz, un xogador chamado a marcar diferencias na categoría, con ampla experiencia na Preferente nas filas do Viveiro e a última temporada no C.D. Foz.

Un chanzo máis abaixo o Cabreiros é o protagonista. Os xermadinos renovaron a gran parte do cadro de xogadores da pasada temporada. Seguirán un ano máis no clube Lino, Pepe, Hugo, Álex, Totti, Cristian, Beto, Carlos, Pani, Sergio, Cazás, Derick, Marcos, Meizoso e Vicente, que se unen ás renovacións xa anunciadas de Carba, Seijo, Marcos, Isma e Jony. Ademáis chegan reforzos. Jandro e Marcos desde o Roupar e Nesi e Jose Adega desde o xuvenil do C.D. As Pontes.

No Carballedo, José Manuel Ucha seguirá un ano máis como adestrador axudante, e únese ao proxecto presidido por Adrián Rodríguez o xogador Even Estévez, procedente do Vilamarín.



O adestrador de porteiros Fernando Currás, anunciou nas redes sociais, a súa desvinculación do C.D. As Pontes, no que militou a última temporada na Terceira División.

Diario dun Mercado. Episodio 170

Diario dun mercado. Episodio 169

Diario dun Mercado. Episodio 170

Suso Tallón: «Hai que cambiar a inercia

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *