David Guitián firma polo Lemos neste mercado.

Diario dun Mercado. Episodio 498

Faltan días para que volte a acción aos campos do fútbol lucense, pero o mercado non para en ningún momento para que os equipos poidan pechar as últimas fichas dispoñibles para a vindeira tempada. Nunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo son varios os xogadores que atopan destino nos últimos días, mentres que hai un xiro de gran importancia nun dos bancos do noso fútbol nun equipo disposto a loitar por todo na súa categoría.

Despedidas de fin de mercado

Na Sarriana hai dous grandes movementos correspondentes a xogadores locais, aínda que neste caso é en forma de marchas. O ‘expreso de Paradela’ Martín López deixa a banda esquerda da Ribela para poñer rumbo a Lalín, mentres que David Guitián sairá cedido cara ao Lemos na súa nova aventura polo grupo Sur da Preferente.

Tamén hai moitas novidades no Chantada Atlético. A máis importante é que Francis, o adestrador do primeiro equipo, non vai dirixir ao conxunto chantadés na vindeira tempada e o seu banco queda libre ata o momento. O que vaia ser o novo técnico terá un novo xogador no seu cadro, xa que Miguel Pandiani firma polo club.

O Mercado dá os seus últimos bandazos

O mercado está nos seus últimos días, pero os xogadores teñen aínda que rematar de escoller equipo. Un deles e Kevin Jhohan, que chega ao Atlético Escairón desde o Japan Auto FC de Ecuador para mandar no ataque dos da Ribeira Sacra. Un traspaso que se dá na mariña é o de Aarón que deixa o Ribadeo para firmar polo Foz.

As últimas novas que dá o mercado veñen máis no centro da provincia. O Guntín firma a Navia, mentres que o Folgueiro firma ao lateral andaluz Yerai Mellado, que conta con experiencia en categorías superiores que xogará a favor do conxunto.

Diario dun Mercado. Episodio 498

Diario dun Mercado. Episodio 498

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *