Goleta volve ao Monterroso neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 496

O mercado de fichaxes do fútbol lucense continúa o seu rumbo de cara á próxima tempada, xa cada vez máis próxima debido a que a comezos de setembro arrincan as ligas da nosa provincia. Nun novo episodio do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, repasamos os movementos de maior actualidade dentro dos nosos marcos.

Movementos nas categorías máis altas

Os equipos lucenses que están nas categorías máis altas están movendo o mercado para conseguir pechar os seus cadros de xogadores coa intención de cumplir os seus obxectivos unha campaña máis. William firma pola Sarriana para reforzar o posto de mediapunta. Provén do Bergantiños, onde disputou a maior parte da pretempada. Na Segunda RFEF, o lucense Pablo Rubal marcha cedido do Lugo con rumbo ao propio Bergantiños.

Tamén hai novidades en dous dos tres equipos da Terceira RFEF. O dianteiro Julio Rengel e o lateral Welli causan baixa no Viveiro antes de comezar a tempada. O outro conxunto que se move é o Lugo B, xa que continúan firmando fichaxes. O último é o pucelano Aday Alcalde, que xogou na última tempada no filial do Albacete.

O mercado non para en Lugo

Toda a provincia está moi activa nos últimos días do mercado antes de que a tempada comece en pouco menos dun mes en todas as competicións. Un dos cadros con máis cambios está no Pol B, xa que Aaron Castro e Óscar Lozano chegan desde o Sporting Lucense e o Castro xuvenil respectivamente. Tamén firma David Balado. Tamén é tempo de voltas coma a de Goleta no Monterroso despois do seu paso polo Antas.

Hai dous equipos que apostan por grandes continuidades para manter a ilusión na afección de cara á próxima tempada. Un proxecto coma o da Residencia que se quedou a piques do ascenso aposta pola renovación de xogadores coma Chiqui, Diego Bravos, Rasi, Tebi, Dani Renda, Borja Álvarez, Artai e Rois. Outro é o Relámpago Taboada que ficha a Joni e renova a Cidre, Fran, Pica e Ezza para a vindeira tempada.

Diario dun Mercado. Episodio 496

Diario dun Mercado. Episodio 496

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *