Rui de Freitas, novo xogador do Pol B neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 495

O mercado continúa o seu rumbo ao longo destes días e iso provoca que o Diario dun Mercado de Futbolinlugo estea a só cinco episodios de alcanzar o medio millar de episodios, o que será un fito histórico para nós. Nesta ocasión, o fútbol lucense quere pechar máis cadros de xogadores con movementos que aproximan a varios dos clubes da provincia a poder ter varias semanas de traballo con todo o grupo antes de comezar a tempada.

O Pol B e as renovacións masivas axitan o mercado

Un dos equipos que máis necesita mover o mercado é o recentemente creado Pol B. O conxunto chairego firma a Hugo Díaz, lateral procedente do Castro xuvenil, Rui de Freitas, que xogou no Racing Villalbés B e no Cospeito, e Xabier Carpintero, que xogou o curso pasado no Castro xuvenil. Un proxecto novo que cada vez dá máis pasos para chegar a ser un dos grandes equipos filiais da provincia.

Pero tamén hai un par de equipos que, con continuidades, está comezando a facer oficiais as súas pezas para un cadro de xogadores que prometen dar moitas alegrías. O Mondoñedo é un deles, xa que logrou renovacións de grandes pezas do proxecto do ano pasado, como Alberto, Chachi, Vázquez, David, Christian, Dani, Juancho e Jaco. Tamén o Relámpago Taboada, que aposta por manter a David Moure, Adri e Mustha. Ademais, fichan a Álex e Julio.

Pezas novas, que continúan e que regresan

Pero non só se trata de movementos en masa. O mercado tamén acepta equipos que só buscan pezas específicas que lles permitan estar a un só paso de poder completar os cadros que esperan que lles permitan acadar os obxectivos. Pode ser con renovacións, como fai o Oural cun Abreu que seguirá mostrando a súa creatividade e visión de xogo no Luis Pallín , ou con fichaxes, coma O Páramo con Gonzalo, un dos da casa que xogou o ano pasado na Sarriana B

Pero tamén hai grandes regresos para o fútbol provincial. Un deles é o de Fran Blas, que volta a súa casa co Lugo B despois de xogar na pasada campaña no Atlético Arteixo. Tamén fai o seu regreso ao Portomarín Caloto unha tempada despois da súa partida. O xogador foi todo un ídolo para a afección, a cal non o esqueceu a pesar de pasar un ano fóra da entidade.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *