Candela Otero sobe neste mercado de categoría

Diario dun Mercado. Episodio 491

O mercado xa se encontra no comezo da súa recta final debido a que a gran maioría dos equipos da provincia xa comezaron a adestrar. Aínda así, os movementos son numerosos e é por iso que atopamos unha nova edición dentro do Diario dun Mercado de Futbolinlugo. O fútbol feminino pesca no fútbol lucense para conseguir novos talentos, mentres que os clubs da provincia pechan os cadros de xogadores coa vista no comezo da pretempada.

Villalonga pesca no mercado lucense

O Atlético Villalonga da Segunda RFEF do fútbol feminino decidiu acudir ao mercado do fútbol lucense para buscar reforzos. Fichan a Candela Otero, que sobe un chanzo na súa carreira tras a desaparición do CD Lugo e competirá na Segunda Federación. Seguirá compartindo vestiario con Noa Santomé, a xogadora de Marín tamén chega ao club de Sanxenxo procedente do CD Lugo.

Ademais, incorporan a Sabe Gómez, a futbolista con raíces monterrosinas e presente en varias edicións do All Star, reforza o conxunto preparado por Romina Dadín, adestradora All Star Guntín 2024. Sabe procede do Sárdoma vigués. Xogadoras moi talentosas da nosa provincia que continuarán coa súa traxectoria nunha categoría superior.

Grandes movementos dentro da provincia

Os clubs continúan a súa labor para reforzar e rematar de completar os seus cadros de xogadores de cara á vindeira tempada. Segundo a Voz, o Viveiro ficha ao All Star Cora e a Giraldi. O primeiro procede do Xove Lago e retorna ao Viveiro onde voltará a coincidir con Alberto López. O segundo, de orixe venezolana, procede o Arteixo. O reciente Pol B ficha a Antón Pico, que pasou polas filas do Cospeito e Piringalla. Tamén firma ao gardameta Álex Lorenzo, procedente do xuvenil do Castro.

O Roupar axitou o mercado estes días. Ficha ao gardameta Mario, aínda en idade cadete. É irmán de Fran, tamén porteiro dos xermadinos. Carlos, ex do Abadín e Anxo Rey, do As Pontes, estarán na pretemporada a proba cos de Ángel Pena, pero a intención é que formen parte do cadro de xogadores. Ademais, o Lourenzá fíxose cos servizos do atacante Álex Costea. No capítulo das renovacións, os tres capitáns, Jairo, Julio Jartín e Javi Morán, renovan no Muimenta, o central David quédase no Sporting Pontenova e Juancho, Jaco, Diego, Alberto, Chachi, Vázquez, Cristian e Dani renovan no Mondoñedo.

Diario dun Mercado. Episodio 491

Kiko Rey: «Que lle poñan o teu

Diario dun Mercado. Episodio 491

Diario dun Mercado. Episodio 492

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *