O mercado pon un novo corpo técnico en Quiroga

Diario dun Mercado. Episodio 490

O mercado abre o mes de agosto con gran parte dos equipos na véspera de que a gran maioria dos equipos da provincia comecen a pretempada. A nova edición do  Diario dun Mercado de Futbolinlugo continúa a dar os últimos retoques para moitos dos clubes lucenses, ademais de perfilar os cadros técnicos que van apoiar aos xogadores nas aventuras que deparará a nova tempada que está a pouco máis dun mes de comezar.

Un novo corpo técnico pechado

Xa hai un novo corpo técnico perfilado ao longo deste mercado. O quirogués Juan Machado ‘Langos’, xunto con Manuel de la Horta ‘Hortas’ e Manuel López ‘Polín’ conforman o novo corpo técnico do Quiroga. Substitúen a Adrián González ‘Gachan’, que acumulaba tres tempadas seguidas dirixindo ao equipo do que tamén era xogador. Gachan continuará formando parte do cadro de futbolistas e seguirá como preparador do conxunto xuvenil.

O mercado segue o seu curso

O Mercado continúa a dar moitas voltas de cara a unha tempada que se presenta emocionante. A cousa vai de filiales, xa que o nado recentemente Pol B ficha ao experimentado Rubén Rey, con pasado no Riotorto, Catro Roldas ou Muimenta, entre outros. O renomeado Lugo B, antes coñecido coma Polvorín, faise cos servizos de David Tirado, medio centro que rematou a temporada no Somozas logo do seu paso polas canteiras de Villarreal e Murcia. Tamén ficharon a Samuel Vázquez, do Montañeros, e a Marcos González, da canteira do Villarreal.

Un dos proxectos máis ilusionantes do fútbol feminino é o da SD Chantada, que se está reforzando moi ben neste mercado. Firman a Ana Lamas, procedente do Carballedo. Outras fichaxes percorreron a provincia. O Mondoñedo ficha ao dianteiro Diego Rivas ‘Acebo’, procedente do Lourenzá, o Abadín ficha a Adrián Reigosa, dianteiro aínda en idade xuvenil que procede do Racing Vilalbés, Marcos Sanfiz firma polo Riotorto tras xogar na Residencia e o Roupar faise con Rivas, ex xogador e directivo do Abadín.

O capítulo das renovacións tamén ten unha parte importante neste novo Diario dun Mercado. Hugo Buíde opta por quedarse no Castro, ao igual que Chema no Cabreiros, Álvaro no Palas e Mejuto, Jony, Gara e David no Corgo.

Diario dun Mercado. Episodio 490

A Primeira Futgal xa ten calendario

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *