Diario dun Mercado. Episodio 488
-
- 0
- 3min de lectura
O mercado está na súa recta final co inicio das pretempadas en moitos dos equipos do fútbol lucense. A falta de 12 episodios para que o Diario dun Mercado de Futbolinlugo alcance o medio millar de edicións, un fito histórico. Nesta ocasión, os bancos da Primeira Futgal xa están ocupados, as retiradas e os regresos teñen os seus propios capítulos e moitos movementos revolucionan moitos dos equipos.
O banquillo do Ribadeo xa está ocupado despois de que Criss tivera que renunciar ao cargo antes de estrealo. A opción pola que opta o conxunto da mariña é a fichaxe do vegadense Diego Bermúdez. A súa historia é moi curiosa debido a que ata o de agora exercía de analista na selección de Uruguai. Isto acontece debido a que o seleccionador é Marcelo Bielsa, que o leva despois do seu traballo conxunto en Inglaterra no Leeds United.
É tempo para a tristeza que dan as retiradas, e máis cando son tan prematuras como a do gardameta soberino Ramón Rodríguez. As lesións interpuxéronse no camiño do porteiro de 26 anos que será recordado como unha lenda en Ourense, onde acadou un ascenso de Preferente a Terceira RFEF. O gardameta suma 58 partidos en Terceira RFEF e 86 na Preferente.
O fútbol tamén ten unha cara feliz coas voltas a equipos nos que xogadores e xogadoras foron grandes. Nestes caso, é a de Iria Pérez, que regresa á SD Chantada. A xogadora All Star regresa ao club da súa vila tras xogar as últimas tres temporadas no CD Lugo e ser unha das súas xogadoras de referencia.
O mercado está repleto de equipos que están a punto de rematar os seus cadros de xogadores. No caso do Roupar, Tupac, o seu máximo goleador na pasada campaña, renova no cadro xermadino. Tamén renova Moha. O Catro Roldas faise co defensor Rony, procedente do Cospeito, o presidente do Abadín, Rubén Miragaya seguirá como xogador, o Lemos faise o gardameta do Pabellón Abraham e o porteiro Marcos cumprirá a segunda tempada no Pol.
Unha marcha da provincia vese no caso de Dani Vidal. Tras completar unha boa tempada no Lugo na Primeira RFEF, pon destino ao Rayo Majadahonda. Os últimos movementos foron as renovacións do pontés José Adega ‘Josito‘ co Xermade e Álex Ávila, que se queda defendendo na portería do Escairón.