Diario dun Mercado. Episodio 486
-
- 0
- 3min de lectura
O mercado cada día depara moitas máis novas a poucos días para que os equipos lucenses comecen as pretempadas. Nesta nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, os dous equipos da Terceira RFEF ao que lles faltaba adestrador xa teñen quen ocupe o seu banco. Ademais, esta edición vai cara a outros lugares de España e varias sorpresas deparan sismos na provincia.
Os dous equipos que estaban no mercado na busca dun adestrador xa teñen quen lidere os seus proxectos da vindeira tempada na Terceira RFEF. No caso do Lugo B, Dani Galán volta ao cargo despois de ser o analísta do primeiro equipo na estadía de Toni Selligrat. Cando Álex Ortiz colleu o cargo, adestrou no último partido ante o Rácing Villalbés. Xa ten 30 encontros a cargo do filial albivermello despois da súa chegada a metade da tempada 23/24.
O outro equipo era o Viveiro despois da marcha de Luchi. O club mariñán decide contar con un vello coñecido como Alberto López para que lidere o proxecto que loitará por conseguir a salvación un ano máis na Terceira RFEF. O adestrador vén de levar ao Rácing Villlalbés á promoción de ascenso e estar moi preto de chegar á final da fase galega.
O mercado extendese máis alá das fronteiras da nosa provincia. Un dos casos é o do burelao Julio Delgado, que firma polo Caudal de Mieres. Na pasada campaña, estivo no Ejea, aínda que sen moito protagonismo. O outro movemento importante chega por parte de María Valcarcel, que ficha polo Terres de Lleida despois da desaparición do CD Lugo feminino.
O mercado deparou nos últimos días dúas grandes sorpresas no fútbol lucense. Álex Guntín decide fichar polo equipo do seu pobo, o Guntín, despois dunha gran experiencia en equipos de Preferente e Terceira RFEF como o Ribadeo, o Pol e o Somozas. O outro dos cambios que foi unha revolución foi a marcha de David Rubianes do Becerreá despois de media vida no club para fichar polo Corgo de Abel Rochela. No equipo da montaña renova Kevin.
Ao largo e ancho da provincia houbo grandes movementos. Maki, do Ferreira, e Rodrigo Nahuel, do Chantada Atlético, son novos xogadores do Escairón. Na Primeira Futgal tamén se fortalece o Castro con Samuel Ferreiro, do Outeiro, e renova o mítico Muiña. Do equipo chairego marcha Pablo Rey con dirección ao Pol. Por último, o Catro Roldas ficha ao central Rian, que chega do Rácing Villalbés xuvenil, e a Piringalla renova a Barreiro, sobe da base a Brais e ficha a Adri do Páramo.