Manu Cedrón, que firma neste mercado polo San Roque

Diario dun Mercado. Episodio 485

O mercado non para en ningún momento ao longo deste verán e grazas a iso chega un novo episodio do Diario dun Mercado de Futbolinlugo. Neste caso, chega cargado de sorpresas en moitos equipos, con xiros inesperados de proxectos que comezaban a ter unha forma definida e xogadrores míticos do fútbol provincial tomando novos rumbos xa non só como futbolistas, senón incorporándose a corpos técnicos de grandes clubs.

Xiro drástico en Viveiro

O proxecto do Viveiro tivo un xiro dramático da súa idea de proxecto debido a que Luchi non vai adestrar finalmente ao club na Terceira RFEF. Según apunta La Voz non foi quen de xuntar un corpo técnico acorde á categoría, ademais de non dispoñer do tempo necesario. A pesar deso, a conformación do cadro de xogadores continúa, xa que o Viveiro refórzase neste mercado con Julio Lansade, procedente do Lugo B.

O Viveiro non é o único equipo que vai pescar neste mercado no Lugo B, xa que a Sarriana ten unha nova peza no seu proxecto da Segunda RFEF con Antón Núñez, centrocampista que vén de facer un gran ano no filial do conxunto albivermello. Na Terceira RFEF continúan os grandes movementos e, neste caso, faino a través dunha continuidade desexada. Buyo firmará no próximo curso a súa novena tempada como xogador do Rácing Villalbés.

A Preferente move o mercado

A Preferente axita o mercado a través do Pol, aunque neste caso cunha despedida. Manu Cedrón firma unha das grandes sorpresas do mercado, xa que deixa o club e ficha polo San Roque. Ademais, formará parte do corpo técnico de Simón Lamas no Bergantiños como adestrador de porteiros. Ademais, Luis Romay será o adestrador do novo Pol B. e tamén será coordinador do fútbol base dos chairegos.



Momento de renovacións

Grandes xogadores apostan pola súa continuidade nos seus equipos. Pedrinho firmará a súa segunda tempada en Ribadeo, mentres que Sebas, que fora All Star en Guntín, seguirá no Corgo tras recuperarse da lesión que o apartou da competición a pasada campaña. O mediocentro pontés Xavi renova no Roupar. Motivos laborais apartarono do equipo durante boa parte da segunda volta. Amala noticia é a baixa de Xoel tras unha grave lesión.

O Lourenzá aposta pola continuidade de Tucho e Lucas, ao igual que o Mondoñedo con Noceda, Veiga, Romay, Rivas e Óscar. Nunha rolda rápida de movementos, Marquitos quédase no Páramo, Álex Rioboo no Cabeiros e Play no Santaballés. A última das renovacións no fútbol lucense é Roberto Carlos, que seguirá no Carballedo.

O novo día de mercado péchao o Meira, coa fichaxe de Brais Pin procedente do Casás, e co corpo técnico do Monterroso, que xa está pechado. Fernando Sánchez seguirá como adestrador e Koeman de segundo. Iago Guaje será o preparador físico, José Torreiro adestrador de porteiros e Pablo Gil o delegado.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *