Tanketín volve neste mercado ao Castro

Diario dun Mercado. Episodio 477

O mercado continúa a dar grandes xiros con noticias que se propagan por todos os clubs da provincia e nunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo repasamos algúns dos nomes que xa ten o seu futuro definido. O novo diario regala voltas de moita importancia, renovacións que amplían a ilusión da afección en moitos proxectos e marchas de gran calidade que terán unha difícil substitución.

Grandes regresos no mercado

As voltas son unha das partes máis bonitas para os afeccionados debido a que poden ver de novo aos seus ídolos enfundados na camisola do seu equipo. Iso pasa en Castro coa firma de Javi Ferreiro ‘Tanketín‘. Un dos grandes artífices do ascenso a Terceira retorna a que fora a súa casa nove tempadas despois, procedente do Guitiriz. Ademais, confírmase a renovación de Álex Goás e asinan ao dianteiro do Outeiro de Rei, Redondo.

Outro gran regreso dentro da Primeira Futgal será o de Cumbraos, que deixa o Páramo para voltar a unha Residencia onde se formou. O Sporting Pontenova trae de volta para a súa segunda tempada a Álex. Pasou polo xuvenil do Racing Vilalbés, Racing B e rematou a temporada no Ribadeo. Con el estarán no vestiario o gardameta Presno e o mediocentro Fran.

Renovacións e fichaxes ilusionantes

As renovacións son parte importante do mercado no fútbol lucense nestes días. Todo comeza co Folgueiro, que mantén no seu cadro a Paguato. O gardameta All Star Anxo renova no Roupar, asi como o seu compañeiro Fran. Tamen continuará Ángel Pena no banquiño para darlle continuidade ao proxecto comezado a temporada pasada. A Sarriana renova a un dos seus piares, Jacobo Vilariño, mentres que o Alfoz renova a Adán e firma a Anxo Marqués, central focense con pasado no CD Foz e Celta Barreiros. Por último, Fran García cumplirá a súa décima tempada no Xermade e Christian, porteiro-dianteiro. renova co Abadín.

Tamén hai reforzos de gran importancia como no caso do Outeiro de Rei, que ficha ao defensor Gabri. Rematou a liga no Ribadeo e anteriormente pasou polas filas de San Roque e San Lázaro. O Foz ficha ao ribadense Diego, procedente do Praias de Barreiros FS. Pasou tamén pola base do Burela FS e da SD Ribadeo. O Lourenzá continúa reforzando o seu cadro con René, porteiro procedente do Celta Barreiros.

Marchas difíciles de reemplazar

As marchas no mercado son complicadas, pero cando a calidade é alta é complicado reemplazalas. Eso pasará no Racing Villalbés con Brais Pedreira, que non continuará logo de tan só media tempada. O cadro chairego ten a boa nova da fichaxe de Pablo Trigo, procedente do Bergantiños. Mario Puerta deixa o Oural e pon rumbo ao Escairón e o defensor Álex Ferreiros deixa o Riotorto para firmar polo Santa Comba, onde se reencontrará con vellos amigos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *