Samu Orosa renova no mercado co Catro Roldas

Diario dun Mercado. Episodio 472

O inicio de semana do mercado e, a súa vez, o fin de mes, chega cunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo no que os equipos continúan a apuntalar os seus cadros de xogadores e corpos técnicos de cara á vindeira tempada. Moitas continuidades e subidas desde a base se aproximan por toda a provincia, pero tamén firmas que confirman pasos cara adiante ao longo de toda a provincia e despedidas que deixan ocos importantes.

Continuidades destacadas

As continuidades son unha parte importante do mercado do fútbol lucense e un exemplo é o do Viveiro, que se queda con Arturo Calvo, un dos seus capitáns, unha tempada máis. Esteban Gil tamén permanecerá no Rioaveso, ao igual que o All Star en Guntín 2024 Samu Orosa, que firma unha tempada máis no Catro Roldas. Nesta rolda de renovacións tamén está presente David Bellas ‘Chungui’, que seguirá no Xermade, e Xavi Rielo seguirá protexendo a portería do Meira.

Un dos equipos que máis aposta pola continuidade é o Sporting Pontenova. Ángel Merino continuará como adestrador e Lucas Cabana seguirá sendo o segundo. Rubén, Carlos, Stefan, Miguel Àngel e Álvaro, xogadores do xuvenil, renovan e estarán en dinámica de primeiro equipo. Outro dos que máis opta pola permanencia de pezas é o Folgueiro coas renovacións de Sergi, Schuster e Álvaro para volver a facer unha gran tempada.

As novas aventuras do mercado

Equipos e xogadores buscan no mercado dar un paso cara adiante na súa carreira de cara á vindeira tempada. Un deles é o Casás, que fai dous movementos importantes como son as incorporacións de Agus do Ribadeo e Santi Marín do Meira. Tamén se move Jorge Cantillo, que pecha a súa segunda etapa no Monterroso para firmar por un recién ascendido á Primeira Futgal como é o Cire de Melide.



Non só hai novas incorporacións, senón que durante estes días producíronse saídas importantes. No Rácing Vilalbés, Vicente sae tras chegar para xogar a segunda metade da tempada coma referencia ofensiva dos de Alberto López e xa ten o seu destino marcado no Barco. Outra das marchas importantes é a de Roberto Ramallal, que non seguirá como adestrador do Riotorto tras estar preto de acadar o ascenso á Primeira Futgal na promoción.



Diario dun Mercado. Episodio 472

A Sarriana xa sabe a súa viaxe

Diario dun Mercado. Episodio 472

Diario dun Mercado. Episodio 472

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *