Adrián Marrumbe, neste mercado novo adestrador do Celta Barreiros

Diario dun Mercado. Episodio 471

En plena xornada do All-Star Futbolinlugo, o mercado busca tamén o seu protagonismo con novos movementos dentro do verán. O día do fútbol lucense está marcado polas sorpresas, algo que tamén chega neste Diario dun Mercado de Futbolinlugo. Xogadores claves da provincia voltarán a estar presentes nos campos galegos, convenios entre clubes e proxectos que continúan a consolidar os grandes pasos que van dar na vindeira tempada.

A Mariña manten o seu protagonismo no Mercado

A Mariña lucense ten un papel proragonista neste mercado e continúa a manter un gran movemento. Un dos principais non foi de xogadores, senón entre clubs. O Burela e o Candelaria manterán un convenio de filialidade que permitrá que unan forzas cos seus proxectos deportivos. Os xogadores que rematen a súa etapa xuvenil na base do Burela poderán compaxinar adestramentos e partidos en Segunda Futgal e Preferente ata os 23 anos.

Un dos equipos máis activos e que xa ten adestrador é o Celta Barreiros. Adrián Marrube, técnico de base e directivo do Burela, será o seu novo preparador na vindeira tempada. Fichan a Flavio, porteiro procedente do Alfoz e formado na base do Burela. Chega despois de que Iñaki causase baixa logo de dous anos defendendo a portería do Cascabeiro.

Terra Chá e Lugo, moitos nomes novos

O centro da provincia de Lugo continúa tamén cun mercado intenso no que as pezas bailan cada vez máis. No caso do Rácing Vilalbés, Da Lama continuará no bloque defensivo do primeiro equipo, mentres no filial seguirá Pedro Roca, aínda que Samu, Ángel, Molina, Brais e Adrián causan baixa. Xa na Preferente, o Pol anunciou a fichaxe de Diego Fernández, que chega despois de militar no Viveiro durante as tres últimas campañas.



Noutros equipos desta zona xeográfica, o Xermade consigue manter ao seu líder do proxecto no banquiño como é Borja Bouza. Na Piringalla, Jony Lombardía consigue reunir no seu proxecto a Diego Reija, que chega desde O Páramo. Compartirá vestiario con Miguel Seoane e Edgar, que renovan. Por último, no Catro Roldas David Oroso firmará na vindeira campaña a súa sexta tempada na Canteira.

Un sur moi movido e xogadores por toda Galicia

O Lemos está a ser un dos equipos máis ilusionantes na provincia neste mercado e non baixa o seu ritmo de movementos. Os monfortinos anunciaron que Carrasco, Armesto, Nacho e Varela non continuarán, mentres que o lateral zurdo Sergio Seijas renova e chega o mediapunta Iker Calleja, procedente do Montañeros xuvenil. Un dos xogadores que marchou con anterioridade, Diego Losada, será o reforzo estrela do Brollón. En Chantada, tanto o adestrador ‘Traste‘ coma Pulpix, Manu Aguiar, Michi e Jordi seguirán no club.

Fóra dos marcos da provincia de Lugo, un dos grandes da provincia volta a Galicia. O vilalbés Kiko ficha no Compostela despois da súa aventura no Penya Deportiva da Segunda RFEF. Ademais, Diego Fraga ‘Lucky’ ficha polo Vilalonga despois de estar durante a última campaña no Sanxenxo.



Diario dun Mercado. Episodio 471

Chegou o día

Diario dun Mercado. Episodio 471

Diario dun Mercado. Episodio 471

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *