Kiko deixa neste mercado a portería do Burela

Diario dun Mercado. Episodio 468

Cada día, o mercado do fútbol lucense é máis imparable, con movementos que se realizan por todas as partes da provincia con pezas que comezan a saber a camisola que vestiran na vindeira tempada. Nunha nova edición do Diario de Futbolinlugo recollemos bancos que se moven, xogadores que se manteñen, retiradas das que doen e marchas e fichaxes que provocan sismos nos diferentes proxectos que se establecen en Lugo.

Porterías sen dono

As grandes sorpresas deste diario chegan nas porterías. O Burela regresa a Preferente, pero queda sen os seus dous porteiros habituais das últimas campañas. Simón e Kiko Mariño aparcan o fútbol a pesares do ascenso. O ascenso desde a Primeira Futgal acadárono ante o Chantada Atlético, que tamén ve como no Sangoñedo haberá un cambio de ciclo na súa meta co adeus de Ivi Casillas despois de catro tempadas dentro da institución.

Non todo o referido aos porteiros son malas noticias. O Iberia tivo unha alegría ao completar este posto coa fichaxe de Iker. O ribadense procede do Vegadeo, pero xa coincidiu con Moro no Sporting Pontenova. Tócalle agora intentar gañarse o posto nun equipo en estado de felicidade despois do seu ascenso á Primeira Futgal.

Un mercado de regresos e renovacións

O mercado deixa regresos nos bancos do fútbol lucense. Jony Lombardía será o novo adestrador do primeiro equipo da Piringalla despois de que Andrés Rodríguez deixase o proxecto sénior para dirixir ao xuvenil A do club, que está na procura dunha praza na próxima Liga Galega. O técnico regresa á entidade capitalina despois de dúas tempadas no Páramo onde conseguiu ascender e manter ao equipo na Segunda Futgal Sur.



Non só hai novas firmas no mercado lucense, se non que os diferentes proxectos provinciais apostan por manter as súas pezas. En primeiro lugar, o Rácing Vilalbés mantén a un Cadra que se fixo un nome na Terceira RFEF e que tamén incluirá no seu plantel por segunda tempada a un xogador consolidado coma Borja Míguez. Virando á Mariña, o Celta Barreiros tamén quere continuar contando con xogadores da talla de Rocky e Javi Andina tras o seu gran ano na Segunda Futgal.



Diario dun Mercado. Episodio 468

Diario dun Mercado. Episodio 467

Diario dun Mercado. Episodio 468

Diario dun Mercado. Episodio 468

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *