#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Destacados Primeira. Xornada 34

*Pastoricense-Taboada: O conxunto do Acebreiro logrou o punto que precisaba para pechar a salvación. O Pastoricense marrou un penalti antes de que o Taboada se adiantase. Kanuto fixo que o desgusto durase pouco ao marcar antes do descanso. Na reanudación, o cadro local aguantou as boas acometidas dos branquiazuis. Anunciamos en primicia que Martín Murado seguirá unha campaña máis á fronte do Taboada. No banquiño contrario, Vitín adestrou o seu último partido ligueiro co Pastoricense. De feito, Fran Veiga xa se fai cargo do equipo nesta Copa (axudado por Vitín). Fran será o preparador do Pastoricense a próxima tempada.

*Monterroso-Ferreira: Semellaba un partido sin historia. Todo o contrario. Unha parte para cada equipo na que Dabouza marcou un dobrete para os locais e Samba un hat trick para o Ferreira. O máis meritorio do ano. En pleno Ramadán para o ariete visitante, sen comer nen beber. Só botándose auga por enriba cada quince minutos. Despedida case perfecta para Santi, capitán dos de Pantón, que xogou o último partido ligueiro co seu equipo tras máis de dúas décadas nel.

*San Roque-Xermade: Duelo nivelado e sen ritmo no que o Xermade levou o premio menor de acabar fóra de postos de descenso directo. Esteban adiantou aos chairegos cun golazo na primeira metade. Tralo descanso, o San Roque quedou con nove xogadores. Aínda así puido marcar o gol da honra. Rubén Pena disputou o seu derradeiro encontro ligueiro co Xermade, despois de vinte anos defendendo as súas cores. Unha retirada con final feliz a do gran capitán. Marcou un tanto de penalti.

*Chantada-Lemos: Excepcional exercicio defensivo do Lemos para impoñerse no Sangoñedo. O contragolpe monfortino resultou letal ante un Chantada que tivo dúas boas oportunidades na primeira metade. Con este resultado, os de Juan Rodríguez terminan na cuarta posición, sendo a terceira para os de Edu Rodríguez. Nos vermellos, xogaron tres xuvenís. Un deles debutou: Hugo Méndez.



*Bóveda-Páramo: O cadro de Fontal selou a permanencia cunha goleada en Bóveda. A falla de puntería privou aos visitantes de marchar con vantaxe antes do descanso. Na segunda metade, o cadro de Cabanelas quedou sen porteiro nada máis comezar. Na falta posterior a expulsión, gol pantasma do Páramo. Aí acabouse o encontro, co cadro local superado pola situación. E os visitantes, xogando cos tempos e aumentando pouco a pouco a súa conta goleadora, cun doblete de Bolo incluido. O Bóveda rematou o choque con sete xogadores. E a competición, coma pechacancelas.

*Xove Lago-Riotorto: O cadro de Labrada arrebatoulle a quinta praza ao Xove Lago. Dous goles na segunda metade tumbaron aos de Miguel Sancomed, moi espesos no peche ligueiro. Dous contragolpes que deron tres puntos aos visitantes. Pedro Díaz marcou o seu primeiro tanto coa camisola do Riotorto.

*Sporting Pontenova-Valadouro: Derbi a cara de can pola salvación. Puido decantarse para calquera equipo pero os puntos quedaron na Mina. O cadro de Julio Castro errou dous mans a mans en momentos chave do encontro e viu como o mítico Andrés Bouza facía o definitivo 2-1 a un minuto do pitido final. Cabezazo a saída dun córner na despedida ligueira do técnico Dani Moirón. Agora, o Valadouro precisa que non baixen Residencia e Viveiro para manterse. Ao Sporting Pontenova chegaríalle coa permanencia dun deles.



*Santaballés-Sarriana: André silenciou a Liga con dous tantos na primeira metade. Un doblete que vale un campionato grazas á derrota do Foz na casa. Nico Criado recurtou diferenzas na reanudación na última tarde ligueira de Yago co Santaballés. Julio Corral tampouco seguirá na Sarriana. Non conta con oferta de renovación dende A Ribela.

*Foz-San Ciprián: Os de Tomás Costa selaron a permanencia ao grande. Con medio pobo nas gradas e deixando sen liderato aos seus veciños do Foz. Dani Santé abriu a lata no primeiro balón parado. A partir de aí, defensa sen fisuras e contras perigosas para rematar goleando. Sí, co de sempre: Borja Mella. Tres chicharros máis para a súa conta particular.

[themoneytizer id=»15360-3″]

[themoneytizer id=»15360-4″]



[themoneytizer id=»15360-16″]

Destacados Primeira. Xornada 34

O mérito detrás das expectativas cumplidas

Destacados Primeira. Xornada 34

O partido en imaxes: C.D. Foz –

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *