*Riotorto-Bóveda: Encontro moi abero entre dous equipos que só se xogaban os tres puntos. O Riotorto adiantouse na primeira metade, na que tamén viu como lle anulaban un gol. Os de Cabanelas reaccionaron na segunda metade e mesmo estamparon un balón no longueiro en tempo de desconto.
*Ferreira-Pontenova: Igualdade no Baliño. O Ferreira non lle perdeu a cara ao encontro durante os noventa minutos. Héctor adiantou á Pontenova nunha falta na primeira metade. Álex abría máis a brecha nunha gran acción combinativa de Matelo e Pasarín. No desconto, o Ferreira recurtou diferenzas cun penalti transformado por César.
*Monterroso-Chantada: Animado derbi en Cerdeiriños. Óscar Méndez abriu a lata e non quixo celebrar ante o seu exequipo. Os de Juan, con baixas, empataron tralo descanso. Nos minutos finais, o Monterroso tivo ocasións para levar os tres puntos. A pólvora estaba mollada!
*San Ciprián-San Roque: Os nervos marcaron o inicio de encontro. Co primeiro gol, o encontro rompeuse. O San Ciprián controlou en todo momento e dispuxo de numerosas ocasións. Os dous erros defensivos do San Roque, nos minutos 44 e 46 da primeira metade, foron unha losa demasiado grande.


*Santaballés-Taboada: O cadro da Liga desatouse a un Taboada plagado de baixas, que xogou con ata cinco xuvenís. Na meta visitante debutou Javi Paz. Nico Criado iniciou a goleada cun doblete e na reanudación, Palomo regresou cun tanto.
*Valadouro-Pastoricense: Os de Julio Castro competiron de ti a ti na primeira metade a pesares das ausencias que tiñan. Só contaban con dez xogadores de campo. Na reanudación, o Valadouro foise do partido ante a gran presión do Pastoricense. A goleada puido ser maior e o conxunto de Vitín deu un paso de xigante cara a permanencia.
*Sarriana-Xove Lago: Primeira metade sen goles, na que o Xove Lago dispuxo de dúas boas ocasións. Na reanudación, a Sarriana apretou o acelerador ante un rival que acusou o baixón físico. André e Samos marcaron para que A Ribela volva ser de Preferente.

*Páramo-Xermade: Triunfo chave dos homes de Fontal ante un Xermade que opuxo pouca resistencia. O Páramo conseguiu saír do ritmo visitante co paso dos minutos e levouse o encontro a balón parado. Corbelle marcou nun saque de esquina na primeira metade. Tralo descanso, Robertito marcou de penalti e Bolo, de falta directa.
*Lemos-Foz: O Foz firmou o ascenso ao grande. Competiu nas gradas (preto de 800 siareiros entre as dúas afeccións) e, sobre todo, no campo. O plan de Gayol noqueou ao Lemos na primeira metade. Marcaron Gonzalo e Manolito e ata houbo dous tiros aos paus. Os de Edu só puideron maquillar o resultado pero a bon seguro que o ano que vén serán un candidato moi serio ao ascenso. Temporadón tamén o seu.
