#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Destacados Primeira. Xornada 29

*Ferreira-Bóveda: Samba marcou e dislocouse o ombreiro cinco minutos despois. A segunda metade deixou a un Ferreira superior, que levou a victoria e sae do descenso directo. Lugar no que está o Bóveda. Aínda así, a Segunda Autonómica parece o destino de ambos conxuntos.

*Riotorto-San Roque: A falla de puntería e Carlos evitaron unha goleada do Riotorto na primeira metade. Co paso dos minutos, igualouse o choque. Máis aínda coa expulsión de Fran Pastor nos locais. Aínda así, e en inferioridade, os de Labrada puxéronse por diante cun incrible testarazo de Pablo Ruiz. Arturo, o máis destacado no San Roque, igualou no tramo decisivo.

*Santaballés-Páramo: Victoria fundamental do Páramo, no cuarto de hora final, na loita por evitar os arrastres. Corbelle marcou as diferenzas na Liga con dous goles. A sociedade Gómez (Dieguito e Robertito) puxo a guinda na última xogada do encontro.

*Chantada-Xove Lago: Un Xove Lago moi serio marchouse aos vestiarios cunha mínima vantaxe. Tralo tempo de lecer, Kadete e o balón parado provocaron a remontada do Chantada.



*Valadouro-Xermade: O Valadouro deu un paso fundamental para a permanencia tras vencer ao colista na segunda metade. Guijarro, o mellor do choque, abriu a lata e Chile sentenciou contra o límite.

*Monterroso-Pontenova: Triunfo de equipo dunha correosa Pontenova. Xogaron 70 minutos con dez homes pola expulsión de Bruno Bouza. Defenderon con uñas e dentes ante un frouxo Monterroso, que tivo numerosas ocasións. Cando todo semellaba destinado ao empate, decidiu un gol pola escadra do ‘nove’ de Dani Moirón.

*Lemos-Pastoricense: Diego Arias fixo un doblete nunha primeira metade de claro dominio lemista. O Pastoricense enganchouse ao encontro cun tanto antes do descanso. Na reanudación, existiu maior igualdade. E cando os de Vitín se puideron meter de cheo no choque, non foron quen de facelo.



*San Ciprián-Taboada: Un San Ciprián máis ambicioso e superior impúxose ao Taboada. Tres puntos de ouro para os de Tomás Costa na súa pelexa pola permanencia. O 2-0 chegou no minuto 29 e aí quedou o encontro máis que encarrilado.

*Sarriana-Foz: O duelo da xornada non defraudou. Na primeira parte, naide controlou o xogo. O Foz adiantouse nun desaxuste da Sarriana e Rubén empatou cunha xenialidade. Isto todo antes do minuto 5… Manolito errou a porta baleira antes do descanso. Na segunda metade, calquera puido levarse o triunfo pero ambos equipos priorizaron conservar o seu puntiño no peto.

[themoneytizer id=»15360-4″]

[themoneytizer id=»15360-3″]



[themoneytizer id=»15360-16″]

Destacados Primeira. Xornada 29

As nosas redes falan!

Destacados Primeira. Xornada 29

O partido en imaxes: Polvorín-Xallas (4-2)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *