*Sarriana-Chantada: Moita igualdade na primeira metade dun dos clásicos provinciais por excelencia. Na reanudación a Sarriana impúxose con xustiza. Marzán e Marino demostraron que a experiencia é un grao cos seus goles. Os de Julio Corral empatan a puntos co Foz no liderado.
*San Ciprián-Pastoricense: O Pastoricense remontou un 2-0 en contra. O San Ciprián quedou cun menos nos últimos vinte e cinco minutos, franxa de tempo na que os de Vitín firmaron dous goles para facer a machada.
*Santaballés-Monterroso: Novo empate do Santaballés nun encontro tenso. Os goles chegaron a balón parado. Palomo adiantou aos chairegos dende o punto de penalti. Martín Blanco igualou a cinco minutos do remate no rexeite dun lanzamento de falta. Houbo tangana ao final, que mesmo fixo parar o partido uns minutos.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)