#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Destacados Copa Preferente e Primeira. Primeira rolda

*Pastoricense-Friol A: O Friol encarrilou a clasificación á seguinte rolda nunha primeira parte superlativa. Os de Jon Vázquez aproveitaron o baixo ritmo defensivo local para marchar 0-3 ao descanso, con doblete do pichichi Dani incluido. Na reanudación, o duelo nivelouse. E Alberto impediu que o Pastoricense se metese de novo no partido. O tanto dos de Fran Veiga chegou no desconto, nunha xogada rocambolesca. Na que varios dos alí presentes non sabían a ciencia certa se o colexiado decretara o gol ou non. O Santaballés verase as caras co Friol en oitavos.

*Pol-Residencia: Unha das primeiras sorpresas da Copa. Sentoulle mal a resaca ligueira á Residencia. Os de Álvaro Meilán, con moitas novidades, víronse superados polo Pol. Os de Abad marcaron ao comezo de cada tempo. Os chamados goles psicolóxicos, que tumbaron aos capitalinos. Un cadro, o branquiazul, que aínda sufriu máis na segunda metade. Por certo, Carlitos asinou un doblete. Burela, próximo rival dos do Manuel Luna.

*San Ciprián-Lemos: Rematou a temporada na Veiga. O San Ciprián viuse superado en todo momento polo líder. Os de Edu Rodríguez firmaron un dos mellores encontros da temporada para certificar de maneira rotunda o seu pase á seguinte rolda de Copa. Onde xa agarda o Foz. Os goles chegaron a pares nun equipo monfortino que raiou a un moi alto nivel. Castañer e Armesto (‘Adrián power’) remataron cun doblete, ao igual que Varela.



*Sporting Pontenova-Riotorto: Xa chegaron os penaltis á Copa! E nesta competición tampouco estivo a sorte de cara coa Pontenova. Os de Andrés Bouza loitaron de ti a ti ata o remate e marraron boas oportunidades. De feito, foron ata capaces de poñerse por diante no marcador nunha primeira metade de poder a poder. O Riotorto insistiu na busca do empate tralo descanso. Este chegou cun tanto de Dani a servicio dun hiperactivo Christian. Na lotaría dos once metros, houbo que recurrir á morte súbita. Na que gañou o cadro de Labrada por 7-6. Próximo rival: Chantada Atlético.

*Santaballés-Outeiro de Rei: Un frouxo Outeiro de Rei despediuse da Copa ás primeiras de cambio. Os de Cholas apenas xeraron perigo ante un Santaballés ordenado e que fixo moito daño ás contras con Pelao. Os da Liga abriron a lata nunha tonta perda visitante. Pereira igualou nada máis voltar dos vestiarios a centro de Diego Seijas. No cuarto de hora final, os de Dani Moirón leváronse o triunfo. Os tantos chegaron nun rexeite e noutra perda do rival en área propia. O Outeiro fixo o 3-2 e tivo o último tiro. Non entrou.



Destacados Copa Preferente e Primeira. Primeira rolda

Trío de Ases Preferente (Xornada 38)

Destacados Copa Preferente e Primeira. Primeira rolda

O partido en imaxes: Brollón-Palas (1-3)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *