#Social #All Star Futbolinlugo

David Rodríguez: «Espero seguir moito tempo nos campos»

David Rodríguez recolle a súa medalla

David Rodríguez foi un dos árbitros que dirixiu o All Star Futbolinlugo na súa quinta edición. En concreto, impartiu xustiza no encontro feminino. Un dos colexiados con máis traxectoria no fútbol lucense tivo a súa merecida homeaxe ao pitar nun dos encontros do evento por segunda vez. Tamén se pasou polos nosos micrófonos, onde non só deu unha entrevista onde repasamos a súa traxectoria, senón que tamén a unhas preguntas curtas que tedes no Instagram de Futbolinlugo.

Entrevista a David Rodríguez

Valoración do All Star Futbolinlugo: «Paréceme unha iniciativa moi boa. É unha forma de dar por rematada a tempada todos os anos moi boa. O encontro non foi moi disputado, pero é unha iniciativa moi interesante para que as xogadoras de toda a provincia teñan visibilidade. É a miña segunda edición, xa que fun a Mondoñedo, e estou encantado de poder axudar a que se realice«.

Traxectoria como árbitro de David Rodríguez: «A verdade é que eu levo moito tempo na arbitraxe porque me encanta o fútbol. Seguirei porque é unha forma de ter unha vida activa, non sei canto tempo me queda pero espero que aínda teña corda para rato».



David Rodríguez: «Espero seguir moito tempo nos campos»

Diario dun Mercado. Episodio 484

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *