A semana pasada falamos na nosa reportaxe de fútbol base da SDC Residencia xuvenil. Esta fin de semana non houbo competición nas Ligas Provinciais de base, polo que desde Futbolinlugo decidimos completar a información do pasado xoves e entrevistamos ao adestrador dos xuvenís da Cheda, Dani Galán.
Breve pero concisa, así podemos definir a súa declaración. Para coñecer mellor o contexto, preme aquí e poderás desfrutar do anterior artigo integramente. Velaquí as verbas do preparador branquiazul.
FUTBOLINLUGO: Para comezar, onde dirías que están as chaves do voso éxito?
DANI GALÁN: Por sorte conseguimos completar un cadro de xogadores con moitas garantías para afrontar unha liga provincial. Continúa un bloque moi importante de xogadores que xa o ano pasado foron importantes nas fases de ascenso tanto xuvenil como cadete, e a iso hai que unir un bo número de incorporacións que se están adaptando perfectamente ao grupo. A todo isto hai que sumarlle que semana a semana o equipo vai a más en cada entreno.
FIL: Cal é, por tanto, o obxectivo do equipo de cara a final de campaña?
DG: Desde o primeiro día de pretemporada fun moi claro cos xogadores, o obxectivo é pelear polo ascenso si ou si, e creo que eles están concienciados tamén. Polo momento vamos dando os pasos adecuados pero isto é moi largo….
FIL: Como se afronta o duelo de esta semana ante o Sagrado Corazón?
DG: O partido contra o Sagrado o afrontamos como todos ata agora, coa idea de ir polo partido desde o principio e ser moi intensos como a primeira parte do último partido contra o Ribadeo. É un equipo que xa na primeira fase nos puxo as cousas moi difíciles, a pesares de que despois o resultado foi más abultado do que foi realmente el partido.
FIL: E a vindeira semana toca medirse ao Burela, o único rival que está a seguir o ritmo…
DG: En canto ao Burela, está claro que parece un dos rivais máis fortes, pero primeiro imos pensar no Sagrado e despois pensaremos neles. O feito de que este ano haxa 3 plazas que dan dereito a xogar a fase vai facer que haxa moitos equipos na pelea ata a última xornada, e calquera partido ten complicacións.
Desexamos moita sorte á Residencia e a todos os xuvenís que contribúen a engrandecer o noso fútbol!