#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Criss (Ribadeo FC): ‘Cando me chamou Vilachá nunca pensei que xogaría doce anos no Ribadeo’

Logo de doce temporadas marcando goles para o Ribadeo FC. Cristopher Díaz Linares, Criss (Cangas de Foz, 1987), decidiu colgar as botas. Fíxoo no club no que acadou os seus maiores éxitos, como o ascenso a Terceira División no ano 2014, ou a gran clasificación ao ano seguinte na que o cadro mariñán pelexou por xogar unha fase de ascenso a Segunda División B.

Criss pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo.

O último partido. «Foi unha semana diferente. No anterior partido en Castro acadamos a permanencia e permitiume que fora unha semana de adestramentos distendida cos compañeiros. Agradécese logo de tantos anos poder ter unha despedida así.

Unha decisión meditada. «Viña arrastrando problemas musculares e non daba conseguido estar nun estado de forma óptimo para xogar. A comezo de temporada xa o tiña decidido e afronteino así. Ir adestrar e xogar cada día sabendo que iba ser o meu último ano no Ribadeo»



O mellor momento. «Qúedome co ano que ascendimos a Terceira. Saiunos todo de cara e foi un ano perfecto a nivel de xogo e cos compañeiros. Si teño que elixir, quedaríame con ese, pero calquera dos outros foi bo. Vivencias intensas nas que coñeces xente importante que te marca na vida».

Longa traxectoria no Ribadeo. «Viña dunha lesión complicada de espalda cando estaba no Xove. Pasei dous anos case sen xogar e os médicos decíanme que ao mellor tiña que deixar de facer deporte. Foi unha etapa difícil na que me chamou Vilachá para que fose ao Ribadeo para probar. Nese momento nunca pensei que puidera xogar doce anos a un nivel decente alí. Estar en Ribadeo foi moi importante pra min».

O futuro. «Encántame o fútbol e vai ser difícil deixar de pensar nel, pero agora mesmo preciso ter un tempo tranquilo. Teño unha nena de catro anos á que quero adicarlle o tempo que non tiven ao ir adestrar pola semana e os domingos xogar».



O Ribadeo FC. «Retirámonos xogadores que levabamos moito tempo. Todo ten un final e ten que vir outra xente. Hai xente nova en Ribadeo e outros que xa levan un tempo no club que deben tirar do carro e facer un bo grupo para estar cando menos en Preferente, que é onde o club merece estar cando menos. Teñen que vir rapaces que den o relevo e que collan as rendas do club e o sintan como del».

Criss (Ribadeo FC): ‘Cando me chamou Vilachá nunca pensei que xogaría doce anos no Ribadeo’

Diario Dun Mercado. Episodio 398

Criss (Ribadeo FC): ‘Cando me chamou Vilachá nunca pensei que xogaría doce anos no Ribadeo’

A Sarriana queda eliminada da pelexa polo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *