#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Contracrónica IV All Star Futbolinlugo

Pasou o día, pasou a romería! Pois non! Aínda nos queda moita ‘turra’ por dar con toda a resaca do IV All Star Futbolinlugo. O primeiro de todo será contarvos como foi a movida do pasado sábado no Ladairo en Guntín.

Vero pasou por chapa e pintura polo ‘stand’ de En Boas Mans

Regresou o formato exclusivo de tarde, todo concentado nunha xornada intensiva de máis de oito horas. Nas que o máis importante foi o constante desfile de afeccionados polo campo do Ladairo. Uns quedaron un anaco e outros encheron a bancada durante o total da xornada.

Uns e outros tiveron tempo a xogar coas fantasías tecnolóxicas de BMS Sport and Health, comer un xeado de Xeou da que ían, probar a comida da ‘foodtruck’ de Isa e Yoli. E, por suposto, parar na cantina (con tapiña de xamón e chourizo de Torre de Núñez de balde). Incluso os que acabaron cargados de tan longo traxecto, xa viron por alí que estabamos En Boas Mans.

A adestradora Pili Neira, posando con Noa, Sabe Gómez e Nuria no banco do combinado Lugo Sur

Que llo digan a Vero, que non faltou á tradición do Carballedo e á súa lesión. Nos primeiros minutos do partido feminino, a lateral do Catro Ventos tivo que retirarse por unhas severas molestias no seu xemelgo. Que xa foron a menos co rápido tratamento de Ángel Escárcega e o seu equipo. Seguro que ata se levou un ‘flyer’ da consulta de nutrición do capitán do Becerreá Jesu Rodríguez.



Volvendo ao fútbol, o duelo feminino non defraudou. Un partido histórico e que aglutinou a xogadoras de ata catorce equipos diferentes (proba de que o noso ‘futfem’ non deixa de crecer).

Sabe Gómez desfixo a igualdade cun lanzamento desde case o centro do campo. Sorprendeu a Lara e obrigou ao combinado Lugo Norte a remar arreo para igualar o choque. Nerea Lombardero liderou a ofensiva das de Romina Dadín e Joaquín Blanco, que toparon cos paus ata en dúas ocasións.

Iria (Antas) e Moski (Taboada) competiron xuntos no concurso do Futgolf

Resistiu Lugo Sur, que sentenciou cun gol ‘maradoniano’. Iria ‘Chantada’ arrincou a moto desde a medular. Deixou atrás a quen se puxo por diante e atopou o fondo das mallas cun golpeo desde dentro da área.



Repartimos as medallas correspondentes e algún sorteo que outro. Tamén comezaron as emocións fortes. Kaou celebrou o seu 18 cumpreanos con nós e unha torta sorpresa. Hugo Criado e Nene tiveron as súas emotivas despedidas cos concursos de por medio.

O do chutómetro Gadis quedou no pobo, o do futgolf Caixa Rural marchou para Vilalba. Anxo e Orosa, compañeiros pero rivais nesta festa, campionaron xuntos. E, por último, Caseiro deulle un premio ao Chantada feminino na malla de precisión Deputación de Lugo. Coa frioleira de 0,5 puntos de botín!

Era o turno dun dos pratos fortes do día. O adeus de Ángel ‘Guntín’, alcalde do pobo, da arbitraxe. Co cabelo impecable despois de pasar polas tesoiras de Marino na bancada. Un Marino que colleu o brazal de capitán do equipo de Preferente e Terceira pero quedou sen vitoria.

Os seus abriron a lata nunha fermosa xogada de tiraliñas entre o propio Marino, Asier e Fito Periale. O ‘killer’ da Preferente non faltou á súa cita co gol a pase do seu novo compañeiro Asier Burunda. O combinado de Primeira e Segunda tiña moito que dicir e xa igualou antes do tempo de lecer, deixando todo aberto para o segundo acto.

Manu (Chantada) loita por un balón con Criss (Ribadeo) en presenza de Jorge Pereira (Residencia)

Antes da reanudación, vimos os últimos minutos dun Canario moi sobrepasado coa súa homenaxe. O capitán do Foz foi un dos novidosos comodíns desta edición, xunto a Noé do Lourenzá. E despedimos tamén a Ibán, con case trinta tempadas ás costas co seu Taboada.



Volveu o fútbol, e o Equipo Salvatierra Abogados (Primeira e Segunda) puxo terra de por medio con dous goles case consecutivos. Sara Meijide, escoltada por Álex Gato, (Radio Lugo Ser) cantaba os ‘chicharros’ facéndolle a competencia ao mellor mestre de cerimonias posible: o noso Calaza.

Aínda así, na Hermo e no Tibor noventa minutos son moi longos. E Criss anotou o seu último gol no fútbol provincial para darlle esperanza ao cadro de Preferente e Terceira de cara ao tramo final. A vitoria de Salvatierra Abogados non perigou. Co 4-2 definitivo, quedaba o partido visto para sentenza.

Iso era o de menos. A segunda metade foi un recoñecemento sobre o verde aos ilustres que nos deixan. Corredores varios a Hugo Rigueira, Criss ou o porteiro do Incio Castro. Que con 51 anos xa o quererán desfrutar algo máis pola casa!

Dumi, recén anunciada a súa retirada, pasou polo set de entrevistas de Futbolinlugo

Regresamos coas medallas e o MVP correspondente. Neste caso foi Joel Vasco, da Milagrosa. Que levou o máximo galardón desta edición xunto con Iria ‘Chantada’, do CD Lugo. E, por suposto, quedaban as últimas homenaxes antes do terceiro tempo. Os mariñáns Noé e Criss recibiron as derradeiras verbas de agradecemento xunto aos irmáns miñotos Hugo e Cachón.

Do terceiro tempo, non imos dicir nada. Son desas cousas que se non estás, quedas sen sabelo. Só diremos, que non fixo falta volcar o camión!

Para o resto, xa veredes as nosas fotos, o agardado video de MJ (Nórdica) e as imaxes a golpe de dron de Senmais. E aló foi outro All Star Futbolinlugo!

Contracrónica IV All Star Futbolinlugo

Diario dun mercado. Episodio 413

Contracrónica IV All Star Futbolinlugo

Diario dun mercado. Episodio 414

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *