Chegou o día

Este sábado 28 de xuño é o día. Celebramos a quinta edición do All Star Futbolinlugo. Como insistimos cada ano, non se trata tan só dun partido de fútbol: é a gran festa do fútbol lucense. A comunión e convivencia de tod@s @s tol@s que se mollan ata os ósos cada inverno, que resisten cada trebón de verán e que «perden» todos os domingos na súa paixón: o balompé afeccionado.

A Cheda albergará así un evento que presenta un programa moi completo e no que os protagonistas son todos aqueles que dignifican o noso fútbol da nosa provincia. Aos partidos feminino e masculino e aos concursos súmanse sorpresas, agasallos, música, encontros con vellos coñecidos, a forxa de novas amizades…

Vide preparad@s, pois o día antóxase quente na Cheda!

Ninguén quere perdelo. Un cartel de adestradores de luxo comandará unha tarde que se antoxa calurosa, pero que tamén ilusiona. Ilusiona en tan gran medida que os máis experimentados, como Laura Correas ‘Moji’ (xogadora do Monte Forte e convocada con Lugo Sur) recoñecen que «sempre fai moitísima ilusión participar no All Star. É un evento no que sempre disfrutamos moitísimo e no que compartes o fútbol con compañeiras de toda a provincia. É un fermoso recoñecemento á temporada».

V All-Star Futbolinlugo arturo día

Outros serán debutantes e os nervios atópanse a flor de pel. Irene García, da Milagrosa e da Selección Lugo Norte, afirmou que «é a primeira vez que me convocan, polo que estou nerviosa. Sei que será un día bonito para desfrutar do fútbol e deixar a rivalidade a un lado, tan só xogar unidos pola nosa paixón». Para outros, trátase dunha data moi especial. Martín Longarela ‘Chiqui’, da Residencia (convocado co equipo de Primeira e Segunda) recoñeceu que «agardo desfrutar moito do día, con todos os protagonostas desta festa. É un escenario especial para min, o campo no que levo xogando toda a vida. Teño moitas ganas de pasalo ben».



O propio acontece cun David Muñiz que vén de lograr o ascenso coa SD Castroverde e xogará co cadro de Preferente e Terceira Futgal: «Espero que sea unha festa na que poidamos adaptarnos xogadores e entrenadores, persoas que nunca xogamos xuntos e poder disfrutar e competir. E persoalmente espero poder dar un bon nivel e sorprender a algún que outro de que en terceira rexional tamén hai destrezas futbolísticas (ri)».

Eles son tan só a cabeza visible do All Star. Os representantes de todos os futbolistas, adestradores e seareiros que dedican boa parte da súa vida ao balompé. Este día tócalles a eles, pero os verdadeiros artífices e os responsables da festa sodes vós. Estades convocados nas bancadas da Cheda.

Lembra: o partido feminino dará comezo ás 16.30, para dar paso despois aos concursos (18.30). Ás 19.45, o duelo masculino. Polo medio, agasallos, sorpresas e moi bo ambiente. Contamos contigo.



Chegou o día

Chegou o día

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *