#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Catro equipos para 1 posto de promoción de ascenso

Catro equipos do grupo sur da Segunda Galicia teñen opcións de finalizar a liga no 5° posto e xogar a fase de ascenso á Primeira. Os catro conxuntos están en tres puntos faltando seis por desputar. O Friol, o Palas, o Antas e o Ferreira son candidatos. Todo nunha categoría na que o Pastoricense e o Oural seguen dependendo de si mesmos para subir directamente. 

28 xornadas en ‘O Noso 11 A Chaira’: 

  • Equipos que máis gañaron: Pastoricense (22 vitorias)
  • Equipo que menos perdeu: Pastoricense (dous partidos)
  • Equipo que máis puntuou: Pastoricense (70 pts.) 
  • Equipo que máis goles marcou: Oural (73 goles) 
  • Equipos que menos goles encaixou: Pastoricense (21 goles)
  • Equipo con maior diferencial de goles: Pastoricense (+48)
  • O rei do empate: Xermade (12)
  • Máximo goleador: Mario Puerta – Oural (23 goles)
  • Equipos que cambiaron de adestrador: 9
  • Que posto asegura agora mesmo a salvación: 13°

O Pastoricense xa dependerá de si para regresar á Primeira

O conxunto da Pastoriza poderá volver á Primeira Galicia este domingo. Os pupilos preparados por Basi sumaron unha nova vitoria, 2-4 ante o Cabreiros. Con todo, ao gañar tamén o Iberia non foi posible confirmar o ascenso. Se lle gañan a Comercial no Acebreiro, soben. 

Pola súa parte, o Cabreiros queda sen opcións de chegar a sexta praza, posición de valor simbólico. Loitará por manterse 7°, empatado a puntos co Sporting Pontenova e coa Comercial. 

Encontro moi competido que se decidiu dende os once metros. O líder adiantouse, pero os locais non se viñeron abaixo. Finalmente marcharon 1-2 ao descanso cun bo gol de Adrián Saavedra, pero Joan igualou no segundo tempo. Un penalti cometido por Said permitiu que os visitantes marcaran o terceiro. Máis adiante, nova pena máxima, moi discutida, para que chegara o cuarto. 



A mala noticia para o Pastoricense foi a lesión do capitán Raúl. O mediocentro non poderá estar dentro do campo nas últimas citas da liga. 

O Iberia mantén a persecución

O club de San Miguel de Reinante resístese a deixarlle un camiño de rosas ao Pastoricense. Venceu na Granda, 0-1 a Candelaria. Permanece a catro puntos do líder e ten cinco de marxe sobre o 3º, o Racing Villalbés. 

Outra loita distinta, está a piques de acabala a Candelaria. Tan só un hipotético caso lle impide celebrar a permanencia de todo: que haxa un arrastre e que o Mondoñedo a iguale en puntos (ten seis puntos de diferenza pero o gol average particular e do cadro mindoniense). 



Comezou o partido igualado no que pouco a pouco o Iberia se foi facendo dono e xerando ocasións. Aínda así, no segundo tempo, Azael tivo unha boa opción para os locais. Logo, as chegadas visitantes intensificáronse pero non foi ata a recta final cando Dani Prieto marcou un bo gol para lograr os tres puntos.

O Racing B gústase e xa prepara o play off

O filial racinguista gañou con claridade ao Muimenta (3-0) e encara as últimas xornadas como preparación para a promoción. Ten asegurada a 3ª praza polo que na primeira eliminatoria da fase de ascenso xogará a volta na casa (última finde de maio). 

En cambio, o Muimenta deberá seguir sumando puntos para non ter problemas ante un hipotético arrastre. Agora mesmo conta con catro puntos de vantaxe sobre o Abadín (penúltimo) e o Mondoñedo (antepenúltimo). Ambos rivais enfróntanse este domingo. Un empate é o resultado que máis lle beneficia ao cadro celeste porque o deixaría salvado sen puntuar. Ten o gol average particular gañado co Mondoñedo, empatado co Abadín (pero catorce goles no xeral para o Muimenta) e nun triple empate tamén sairían beneficiados os do Pichón

Foi moi superior o filial no primeiro tempo, circulando ben o balón, sendo moi verticais e xerando varias ocasións. Gabri marcou dous goles e xa acumula 22 tantos na competición. No segundo acto, o cadro celeste dificultou máis o xogo local e puideron marcar. Pedro paroulle un penalti a Jairo. Na recta final, o Racing B marcaría o terceiro por medio de Diego. 

O Sanci volve ser cuarto e queda a 2 puntos de confirmar a súa presenza no play off

O cadro de San Cibrao volveu á cuarta praza tras gañarlle ao Mondoñedo (1-0) e aproveitar a derrota do Folgueiro. Alcanza os 50 puntos e fáltanlle dous para asegurar a súa condición de equipo de fase de ascenso. Ten o gol average particular empatado co Xermade (e tan só unha vantaxe de +3 no xeral) e na última xornada recibirá ao Folgueiro. 

O Mondoñedo xa non pode mirar atrás e xogará unha auténtica final pola salvación cos veciños do Abadín (están empatados a puntos). Se gaña, sabe que só tería que preocuparse dun posible arrastre ou estudar se ten opcións de darlle sorpasso clasificatorio ao Muimenta.

Os locais tiveron un bo xogo, pero volveulles faltar definición. O Mondoñedo meteu a quinta marcha ao inicio do segundo tempo. Con todo adiantáronse os locais en propia porta. O gardamallas Mada salvou aos seus do empate. 

O Xermade mételle presión a un Folgueiro que segue dependendo de si mesmo

O conxunto xermadés quería chegar con opcións ata o final e vaino cumprir. Comezará a penúltima xornada con horario unificado tendo posibilidades de alcanzar a zona de play off logo de superar no derbi ao Roupar (2-1). Queda a 3 puntos do Folgueiro (gol average en contra) e a cinco do Sanci (gol average igualado). 

A misión do Roupar xa se albisca difícil, aínda que non está descendido matematicamente. Atópase a catro puntos do Abadín e do Mondoñedo, polo que ao enfrontarse entre eles, ao cadro verde só lle vale unha vitoria súa e un empate dos rivais para seguir con esperanzas (sen ter en conta arrastre).

Non foi un derbi con moitas ocasións. Adiantouse o Roupar no primeiro tempo. No segundo acto, o Xermade remontou con goles de Oli e Esteban.  

A Comercial chega ao final na boa liña

Terceira vitoria seguida dunha Comercial que vai rematar o ano sen apuros na categoría. Superaron ao Folgueiro (3-2) e sitúanse na zona media da liga con posibilidades de rematar na 7ª praza. 

O Folgueiro, como vimos comentando, baixou a 5ª praza pero segue dependendo de si mesmo para ser equipo de play off. Conta con tres puntos de marxe + o gol average sobre o Xermade

O cadro visitante comezou ben e colocouse 0-2. Con todo, no segundo tempo a Comercial sorprendeu e deulle a volta ao resultado. Martín marcou dous goles. 

O Cospeito logra a salvación 

Os pupilos adestrados por Kubala alcanzaron os 30 puntos ao vencer con claridade ao Alfoz (6-1). O equipo da Fonte escapa das pantasmas do descenso aínda tendo un partido pendente por xogar (este venres co Sporting Pontenova ás 20 h). 

O Alfoz queda agora na 10ª praza, aínda que acumulando cinco xornadas sen gañar. Coa salvación garantida, tratará polo menos de manter a posición, xa que os equipos que ten por riba están a catro puntos. 

O encontro púxoselle de cara ao Cospeito nada máis sacar de centro. Cancio rematou a gol tras pase de Xoán. Ao pouco, Ferreiro anotou o segundo. O Alfoz meteuse no partido cun penlati, pero antes do descanso os locais anotaron o tereiro. Xoán, Adrián Paredes e Antón completaron a goleada no segundo acto. A maiores do resultado, o peor do Alfoz foi a lesión de Ayoub pendente de probas. 

O Abadín volve en si e xogará unha final no Viñas da Veiga

Sete partidos despois, o Abadín regresou ao camiño da vitoria. Segundo triunfo da segunda volta ante o Sporting Pontenova (3-0). Ben é certo que os tres puntos chegaron no momento clave, antes de xogar unha final co Mondoñedo. De gañar, quedarían fóra do descenso directo e só terían que preocuparse dun hipotético arrastre. 

O Sporting Pontenova é 8º empatado co Cabreiros e coa Comercial a 35 puntos. Con todo, o cadro pontenovés ten un partido pendente de xogar (este venres ás 20h na Fonte) que o podería aupar á 7ª praza. 

Partido máis desputado no primeiro tempo, que desnivelou o Abadín cun tanto de Vicente. No segundo tempo, o cadro local tamén se impuxo e ampliou a súa conta. Ángel marcou un dobrete. 

Partidos con posicións determinantes en xogo (6 pts. – horario unificado o dom ás 17:00 h)

  • Pastoricense – Comercial (no Acebreiro)
  • Iberia – Xermade (nas Valgas)
  • Folgueiro – Cospeito (en Boa vista)
  • Alfoz – San Ciprián (no Municipal)
  • Muimenta – Candelaria (no Pichón)
  • Mondoñedo – Abadín (no Viñas da Veiga)

O Oural retrasa o ascenso

O cadro da parroquia de Sarria desperdiciu a primeira oportunidade que tivo de cantar o ascenso. Perdeu nos Chacotes (2-1) ante un Palas que vai pelexar ata o final polo posto de play off. O Oural segue dependendo de si mesmo para subir e precisa dunha vitoria nos dous partidos que faltan. Conta con tres puntos de marxe + gol average con respecto ao Borllón. 

Pola súa parte, o Palas é o equipo do grupo con mellores resultados nos últimos sete partidos: seis triunfos e un empate. Esta boa xeira permítelle situarse a tan só un punto do Friol (5º). Aínda que na loita por entrar en play off tamén están o Antas e o Ferreira. 

O Palas foi máis práctico. Aproveitaron os erros do Oural para gañar o partido. Os visitantes desaproveitaron ocasións principalmente no primeiro tempo. Na recta final do encontro chegaron os goles. Álvaro adianta aos locais, logo Mario igualou e antes do final o propio Álvaro completou o dobrete.

O Brollón non baixa o listón polo que poda pasar

Cuarta vitoria seguida do Brollón que chega os últimos dous partidos de liga nunha nova boa xeira. Venceu ao Carballedo (2-3) e recurtoulle tres puntos ao líder. Queda a tres do primeiro posto, aínda que co gol average en contra. 

Pola súa parte, o Carballedo consumou o seu descenso á Terceira Galicia. Os pupilos preparados por Rodrigo Amarante quedan a oito puntos do antepenúltimo posto sen opcións de salvarse. 

Os locais puxéronse por diante moi cedo cun tanto de Moncho. O Brollón non se amedrentou e logrou a igualada cunha boa xogada culminada por Chesky. O Carballedo volveu a carga e cando mellor estaban, Isma anotou o segundo visitante. Aínda así, antes do tempo de lecer, empataron os do Catro Ventos por medio de Roberto.

Necesitaba os puntos e o Carballedo foi a por eles nun segundo tempo igualado onde calquera puido marcar. O gol chegou para o Brollón e os locais desperdiciaron as últimas oportunidades.

O Becerreá terá que defender o 3º posto 

O Becerreá empatou no Castro Seoane ante o Antas (2-2) e perdeu as súas opcións de ascenso directo. Os xogadores preparados por Javi Gómez acumulan tres encontros sen gañar. Teñen a tres puntos a 2ª posición e a diferenza co 4º é de catro. 

O Antas perdeu momentaneamente a condición de equipo play off en detrimento do Friol. Queda a un punto, pero empatado tamén co Palas e con dous puntos menos que o Ferreira. 

O San Lázaro precisa un punto para confirmar o posto de promoción

O conxunto capitalino impúxose ao Incio (3-2) para non perder a comba do seu 4º posto. Conta con seis puntos sobre o Palas e co Antas, pero con este último non ten o gol average; de aí a necesidade de lograr un punto máis para asegurar a súa clasificación. 

Pola súa parte, o Incio vai rematar a liga nunha situación tranquila. De aquí o final decidirá a súa posición na táboa: entre a 9ª e a 12ª. 

O Friol encabeza unha loita de catro equipos pola promoción

O cadro friolés volveu ao 5º posto ao gañar 1-2 co Quiroga e aproveitar o empate do Antas. Agora encabeza aos catro equipos que buscan entrar na fase de ascenso. Ten un punto de marxe sobre o Palas e o Antas e tres con respecto ao Ferreira, que será o seu próximo rival (na primeira volta 0-0). 

Pola súa parte, o Quiroga confirmou a súa salvación contando con que haxa como máximo un arrastre. Conta con seis puntos de marxe co Chantada B (antepenúltimo), conxunto ao que lle ten gañado o gol average. 

O Ferreira volve estar metido na pelexa

Como vimos comentando, hai unha intensa loita por entrar no play off. O Ferreira pasou por altos e baixos nesta segunda volta, pero vai ter opcións ata o final. Situado a tres puntos do seu próximo rival, o Friol, as posibilidades increméntanse tras gañar (5-1) ao Paradela. 

Os pupilos de Rubén Bergantiños tamén viven un cómodo final de competición. Ao igual que o Incio falta por definir a súa posición (entre o 9º e o 12º). 

O Lemos B respira

O filial do Club Lemos saíu do antepenúltimo posto ao vencer 3-1 ao San Roque e aproveitar a derrota do Chantada B. Un punto separa a ambos filiais que loitarán ata o final por evitar ese posto de posible arrastre. O Lemos B levaba nove xornadas sen gañar. 

Pola súa banda, o San Roque tamén está asentado na zona media da táboa e o máximo ao que pode aspirar é a ser 9º, a posición na que se atopa. 

O Sporting Lucense, en fase de despedida con honra

O cadro capitalino xa está descendido, pero aínda así sacou un triunfo ante un Chantada B (1-4) que se xogaba a salvación. O Sporting Lucense acumulaba once xornadas sen gañar, gañou o segundo partido da segunda volta. 

Pola súa parte, como xa comentamos, o Chantada B volve a antepenúltima posición a un punto do Lemos B. 

Partidos con posicións determinantes en xogo (6 pts. – horario unificado o dom ás 17:00 h)

  • Oural – Quiroga (no Luis Pallín)
  • Brollón – Palas (nos Medos)
  • Lemos B – Becerreá (no Luis Bodegas)
  • San Roque – San Lázaro (no Polvorín)
  • Friol – Ferreira (na Reigosa)
  • Paradela – Chantada B (no Gandarón)
  • Sporting Lucense – Antas (nas Gándaras)

Catro equipos para 1 posto de promoción de ascenso

A Sarriana, moi preto de acadar o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *