O Monterroso B, candidato ao ascenso na Terceira Futgal

Catro equipos da Terceira Futgal sur para dous ascensos

A última xornada será completamente decisiva no grupo sur da Terceira Futgal lucense, xa que catro equipos disputarán as dúas plazas de ascenso directo dispoñibles. O Monterroso B chega coma líder en solitario con 42 puntos tras non convertir o seu primeiro ‘match ball’ ante o Sober, segundo con 41 puntos que tamén podía ascender na pasada xornada. O Corgo igualou a 41 puntos e sitúase na terceira praza, mentras que o único que non depende de si mesmo é o Sporting Lucense, con 40 puntos.

Tres puntos que dan o ascenso

O Monterroso B é o equipo que está nunha mellor situación de cara a conseguir o ascenso directo. Cunha vitoria xa serían os campións do grupo. Iso si, un empate e unha vitoria de Sober e Corgo farían que perdesen o ascenso. O seu adestrador, Pampín, afirma que «estamos tranquilos e concienciados de que temos que ir a por todas sin especular». No caso dun triple empate co Sober e co Corgo tamén conseguirían gañar o campionato. Tamén xogan coa vantaxe de que teñen todos os duelos directos gañados cos seus tres rivais.

O Sober tamén ten o ascenso na súa man. Con gañar teñen o ascenso feito, pero poden ter unha complicación coa diferenza de goles. Os da Ribeira Sacra teñen unha diferenza de goles de 39 a favor, mentras que o Corgo ten 35. En empate de puntos, o que máis teña ascenderá dende a Terceira Futgal. O técnico do Sober, Ibán Lagoa, afirma que teñen «motivación máxima, temos que ir polos tres puntos porque non queremos depender doutros resultados. Aínda que hai opcións de manter o ascenso perdendo puntos é algo que nin nos plantexamos». A dificultade terana no rival, xa que o Taboada B estaría fora do playoff da Terceira Futgal se o Arrabaldo gaña e eles perden.

Os outros dous aspirantes da Terceira Futgal

O terceiro na disputa polo ascenso é un Corgo que depende de si mesmo entre comiñas. Gañando podería ascender inda que o Sober faga o mesmo, pero tería que conseguir gañar por cinco goles máis do que o faga o seu rival polo ascenso. Isto fai que, en caso de gañar o Sober 2-0, o Corgo tería que gañar como mínimo por 7-0. Xogan ante o Carballedo, que tras perder contra a Sarriana B só ten unha pequena opción de entrar na promoción.



O último e o único que non depende de si mesmo na Terceira Futgal Sur é o Sporting Lucense. O seu técnico, Lolo, apunta a que aínda que «atrancamos en partidos importantes pero pelexaremos ate o final. Nunca hai que rendirse, nesta liga todo pode pasar e penso que todo é posible. Non imos ser nós quen renunciemos, no fútbol hai que xogar primeiro e imos a Chantada con toda a confianza do mundo. Tamén está a presión, que hai que ver como poden xestionala todos. E se non o acadamos intentarémolo na promoción«.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *