#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Castroverde e Sober, un chanzo máis preto de Segunda Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans tráenos as finais polo ascenso a Segunda Galicia. No grupo norte o Castroverde gañoulle á Piringalla cun solitario tanto de David, mentres que no grupo sur o Sober remontou no campo do Santa Comba e afronta a volta en Centeás cun tanto de vantaxe.

Analizamos tamén a terceira xornada do Torneo Delegación.

final ascenso – norte

O Castroverde vence á Piringalla cun gol de David (1-0). A primeira metade foi de claro dominio local. Os de Fran Veiga foron mellores diante dun Piringalla que non se sentiu cómodo sobre o céspede irregular da Veiga do Olmo. David, en dúas ocasións, Felipe e Gelo contaron con claras ocasións para que o Castroverde marchara ao intermedio con vantaxe no marcador. Os visitantes só se achegaron á portería rival nunha falta lateral na que o colexiado anula un gol por fóra de xogo. No segundo tempo a Piringalla realizou trocos para xogar cun dianteiro referencia e tivo máis presenza en campo contrario. Juan Vidal puido marcar para os visitantes pero Iago estivo moi atinado. O Castroverde logrou adiantarse nun balón á espalda da defensa que David logrou convertir. Richard e Manu tiveron dúas ocasións para ampliar diferencias.

O Sober remonta no campo do Santa Comba e pode decidir o ascenso no seu campo (1-2). Non tardou o conxunto local en adiantarse no marcador cun gol de Toño á saída dun córner. O Sober tratou de recompoñerse do golpe inicial e logrou empatar antes do descanso, nos mellores minutos dos de Iban Lagoa, cun tanto de Brais ao aproveitar un rexeite da defensa local. No segundo tempo o Sober impuxo o seu xogo e Brais acadou o segundo tanto da súa conta particular nun lanzamento de falta directa. O Santa Comba buscou o empate e viron como o colexiado anuloulles un tanto nunha acción moi protestada polo locais. O Sober tivo varias ocasións á contra para ampliar diferencias.



torneo delegación

GRUPO 1. Cazás – Celta Barreiros (1-1). Os visitantes tiveron o control do balón e o Cazás defendeuse en bloque baixo e buscou saír á contra nunha primeira metade sen apenas ocasións. No segundo tempo, Javi Andina adiantou aos de Rubén Acebedo e Nico, Hugo e Casanova contaron con opcións para ampliar diferencias. No tempo de desconto Pablo Cao logrou o empate nunha acción sen aparente perigo.

GRUPO 2. Comercial B – Friol B (0-3). Choque entre filiais no que saiu claramente vitorioso o cadro visitante. Comezou mellor a Comercial B, pero o gol de Sánchez deulle confianza aos de Bruno Castro que colleron o temón do partido e non o deixaron ata o final. No último cuarto de hora chegou a sentencia.



GRUPO 3. Relámpago Taboada – Chantada Atlético B (1-1). Comezou mellor o Relámpago que foi moi superior ao seu rival no primeiro tempo. O central Coto adiantou ao cadro local cun bo gol e a falta de acerto privoulle aos de Diego Saborido de marchar ao descanso con máis renda no marcador. No segundo tempo mellorou o filial chantadino e Congui logrou a igualada cun tiro desde a frontal. O Relámpago xogou con dez a última media hora e o cadro visitante tivo ocasións para darlle a volta ao partido.

GRUPO 4. Rubián – Taboada B (2-0). Encontro descafeinado e sen moito ritmo. A primeira metade rematou sen ocasións de gol para ningún dos dous equipos e cun Taboada B que soubo defender as acometidas locais. Tras o paso por vestiarios o Rubián intensificou o seu dominio e o cansanzo fixo que se viran máis ocasións de gol, aínda que houbo que agardar ao minuto 84 para ver o primeiro.

máxicos guitiriz

Castroverde e Sober, un chanzo máis preto de Segunda Galicia

O Oural e o Pastoricense, ante a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *